Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ciclóns e Inde volverán disputarse o Campionato de Barrios de Esteiro

Ciclóns e Inde volverán disputarse o Campionato de Barrios de Esteiro
Independiente e Ciclons enfrontanse na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2018 Independiente e Ciclons enfrontanse na final do Campionato de Barrios de Esteiro 2018

A presencia de 300/350 persoas no Xosé Luís Vara para ver cada unha das semis, dá conta da relevancia do Campionato de Barrios de Esteiro, que este ano chega a súa 41ª edición. O torneo máis bonito do verán da Costa da Morte chega ao seu final tras mes e medio de divertida competición.

Na final deste mércores 15 de agosto (ás 19:30h) volverán verse as caras Ciclóns do Maio e Independiente de Uhia, como o ano pasado cando gañaran os Ciclóns. Os dous grandes favoritos poderían xogar perfectamente na Liga da Costa e seguro que estarían na zona alta.

Os Ciclóns superaron ao Cánchester de Creo por 1-4, cos tantos de Jaime Rama, Manu de Yi, e o doblete de Kike Paluca, que fixeron inútil o tanto de Andel para os de Creo. O cadro azul intentarán revalidar o título contando co pichichi José Barreiro Palifrova, e cos xa amosaron a súa puntería esta fin de semana: Kike Paluca, Manu de Yi, Tuno…

En fronte estará o cadro vermello do Inde, campión en 2016 e 2014. Vencían o domingo ao Carallo Santo de Solleiros por un rotundo 0-5, cos tantosd e Carajillo Jr., Raúl Mitri, Adelino, Alex Rama e Pepiño. Contan ademais coa experiencia dos Damián Sui, Rubén do Xirelo, Pablo Rama, Dani Rama, ou o porteiro Manuel MJ.

A finalísima deste 15 de agosto será unha auténtica festa, así que se poden, non falten para un partidazo auténtico, porque isto tamén é Fútbol da Costa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/recta-final-torneo-barrios-esteiro-2018/

Comentarios