Luns. 20.05.2024
El tiempo

Camariñas prepara unha gran II Feira Náutica que abre as portas aos escritores

Camariñas prepara unha gran II Feira Náutica que abre as portas aos escritores

Coa Bandeira Azul xa confirmada, o Club Náutico de Camariñas segue facendo actividades para atraer turismo á Costa da Morte. A vindeira data, despois do ano pasado, será a II Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2018), que terá lugar os días 22, 23 e 24 de xuño.

Unha feira clave non só para o sector náutico e turístico, senón tamén para outros sectores da bisbarra, e onde a organización do evento quere telos presente tanto nas actividades complementarias (conferencias, charlas, mesa redonda, etc.) como mesmo a través dos propios stands dispostos na carpa principal. Un escaparate único.

Unha gran carpa estará chea de stands de empresas relacionadas co mundo do mar e outro apartado especial con exposicións de gran relevancia. E tamén haberá unha zona dedicada aos máis pequenos, e onde os pais e nais poderan deixar os seus fillos/as con toda seguridade mentras visitan a Feira Náutica.

Estarán presentes os Museos do Mar da Costa da Morte para participar na sección de exposicións e xa están contactando con empresas de sectores moi variados: asteleiros, seguridade, electrónica, material deportivo, pesca, motor, escolas náuticas, equipamento e accesorios, talleres, etc… De feito, todas as empresas interesadas e entidades relacionadas co mundo do mar que desexen estar presentes nesta II Feira Náutica de Camariñas poden poñerse en contacto a través do móvil 618 950557 ou correo electrónico: [email protected].

Espazo para os escritores

Entre as novidades deste ano destaca a inclusión dun Stand especial dedicado aos escritores da Costa da Morte (sexan autores da temática que sexa) os cales están invitados a facer presentacións directas das súas obras ao público que asista a feira así como a firma de libros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios