Venres. 19.04.2024
El tiempo

Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles

Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles

Seguimos percorrendo o noso mar, calafeando ou parcheando as fugas da nosa nave, para navegar con afouteza. E facémolo cos amigos de Fresco y del mar, que saben aportar ese grao literario para un mundo tan esixente como o da pesca artesanal. Hoxe toca falar doutras das grandes protagonistas silenciosas do noso mar, as redeiras.

 

”Redeiras, invisibles pero imprescindibles

Redeiras da ria de Corcubion

Que importante é o papel que desempeñan as mulleres na maior parte de actividades vinculadas ao mar. E entre as profesións que realizan principalmente as mulleres, cómpre destacar a das mariscadoras, das que xa temos falado, e das redeiras galegas. Un traballo silencioso pero imprescindible que permite que o mellor peixe e marisco galego sexa capturado por redes que previamente foron confeccionadas ou reparadas polas mans expertas das redeiras galegas.

 

Redeiras, unha profesión de alta cualificación

As rederas son as profesionais que se dedican á confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca. Trátase dunha profesión de carácter fundamentalmente manual e que require dunha alta cualificación. Actualmente é exercida por un colectivo composto por mulleres nun 84% segundo o número de afiliaciones ao Réxime Especial do Mar.

O traballo de redeira ou redeiro conta cunha longa tradición no noso país, desenvolvida desde o pasado século e que co paso do tempo foi adaptándose ás distintas necesidades dos barcos e aos diversos tipos de arte de pesca.

Antigamente as reparaciones de redes de pesca era un traballo realizado exclusivamente polos propios mariñeiros, reparando as mesmas abordo das embarcacións e unha vez realizada a manobra de recolleita do aparello.

O oficio de redeira afai transmitirse entre familiares e na actualidade hai un sector envellecido, pola falta de substitución xeracional (a media de idade deste colectivo está entre os 45-60 anos).

Tradicionalmente viñan realizando os seus labores no porto, no propio peirao e á intemperie. Hoxe na maior parte dos portos onde traballan dispoñen de naves onde poder desenvolver nunhas mínimas condicións de habitabilidade o seu labor profesional.

 

Redeiras, unha profesión pouco visible

Durante moito tempo o labor deste colectivo de profesionais que conforman as redeiras resultaba descoñecido para moita xente, pouco visible e minusvalorado, aínda que na actualidade empézase a recoñecer o seu importante labor grazas á loita das propias redeiras pola defensa dos seus dereitos e intereses.

Como requisito imprescindible para poder exercer esta profesión deben estar en posesión da tarxeta profesional de Marinero-Mariñeiro e poden chegar a desenvolver a súa actividade por conta allea ou de forma autónoma.
Desde o ano 2009 establécese dentro da Familia Profesional Marítimo Pesquera o correspondente certificado de profesionalidade que recolle a "actividade de confección e mantemento de artes e aparellos”.

 

Capacidade organizariva das redeiras

La directora del ISSGA visita redeiras en Corme Imaxe das redeiras de Corme en pleno traballo

En Galicia existen 8 asociacións que agrupan a preto de 150 rederas, nos portos de Agarimo, Cedeira, Malpica, Corme, Cambados, Portosin, Cangas e A Garda. A maior parte están agrupadas en torno á Federación Galega de Redeiras Artesás "O Peirao”, con centro de operacións en Malpica.

Entre os obxectivos que persegue dita federación atópanse os seguintes:

  • Regular a profesión de confección e mantemento de redes e aparellos de pesca.
  • Loitar contra o intrusismo laboral.
  • Visibilizar o traballo das redeiras.
  • Mellorar as condicións económicas e laborais.
  • Garantir a substitución generacional.
  • Buscar novas alternativas de emprego.
  • Mellora das infraestructuras portuarias para desenvolver dignamente o seu traballo.
  • Fomentar a prevención de riscos laborais.
  • Lograr o recoñecemento das contingencias profesionais derivadas do traballo.
  • Eliminar a brecha salarial entre distintos subsectores dedicados á confección e conservación de redes e aparellos de pesca.
   

Artigos para calafatear

Novas sobre as redeiras

Outras novas do mar

Fonte

Comentarios