Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buserana alza a voz ante a utilización política dos dereitos das mulleres

Buserana alza a voz ante a utilización política dos dereitos das mulleres
Cris Ledo e Chicha Martinez leron o manifesto de Buserana-Foto-Rafa Quintans Cris Ledo e Chicha Martinez leron o manifesto de Buserana durante o pasado 25N-Foto-Rafa Quintáns

Tempos de cambios en materia política no estado. E parece que España volve debater sobre cousas que parecían superadas. A aparición de Vox no taboleiro político está creando un efecto de proliferación da argumentación antifeminista en partidos como Ciudadanos ou o PP, unha situación que é vista como un retroceso para unha gran parte da sociedade.

Como a Buserana que non quere esperar para lanzar este comunicado de alerta:

”NIN UN PASO ATRÁS!”

A asociación feminista Buserana quere manifestar a total e absoluta repulsa cara as políticas que tratan de empregar os dereitos das mulleres coma moeda de cambio, recurtando dereitos duramente conquistados e banalizando periogosamente a violencia de xénero que cada ano tantas vítimas acaba cobrando a mans dun machismo que se recrudece. Indigna que se tente relativizar asasinatos machistas desfrazados de eufemismos coma "violencia doméstica", cando cada ano as cifras son contundentes e indican que as mulleres morren por selo. Porque quixeron independizarse, ser libres, soltar as cadeas dunha vida onde vivían presas do temor a unha nova malleira, unha chuvia de insultos ou o desprezo contínuo. Ese é o motivo polo que son asasinadas: por querer decidir sobre a súa propia vida. Moitas, cada ano, non o conseguen. Sucumben ás credenciais de posesión que os homes cren ter sobre elas, sobre nós. Porque todas somos potenciais vítimas dun machismo ao que queren dar pulo en vez de poñerlle freo.

Estamos fartas de que sexan homes os que decidan sobre o noso futuro, os nosos dereitos, onde e cando podemos abortar, cando debemos traballar, en que posto, con quen. É por iso que nos sumamos ás concentracións do resto de compañeiras e de asociacións que non están dispostas a calar nin ficar quedas en Andalucía o próximo día 15 de xaneiro . Non estamos dispostas a ser mercancía coa que negociar sillóns e poder. Só nós somos donas das nosas vidas....e ante iso, nin un só paso atrás!.

  • Buseranas.
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/buserana-cumpre-18-anos-de-loita-feminista-cun-agasallo-en-forma-de-local/

Máis novas

Comentarios