Martes. 19.03.2024
El tiempo

Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións

Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións
Familia do Bm Camarinas cos Boya Blues A Familia do Bm Camariñas volveu estar arroupada polos impresionantes Boya Blues Doble vitoria do Calvo e do Boya esta pasada fin de semana. Os equipos costeiros deron sendas alegrías á súas afeccións e continúan na boa liña. Pola zona alta da táboa da 1ª Estatal, o Xiria vencía a un rival directo, un firme candidato como o Rodosa Chapela. E facíao con rotundidade, deixándoo xa a 6 puntos na 5ª praza. Os carballeses suplían as baixas con intensidade e facíanse cunha vitoria que os mantén igualados no alto da táboa co Lavadores, ambos con 10 vitorias e 1 empate, cun punto de vantaxe sobre o Unión Financiera. Pola zona baixa segue a súa escalada o Camariñas, sumando a súa segunda vitoria da temporada, pero colleitadas nos tres últimos choques. O Areal volveu ser clave na vitoria no derbi provincial ante o OAR, o qu elle permite aos costeiros ascender á antepenúltima praza, e ter a tiro dun partido xa ao propio OAR e ao Luceros. Pola súa parte, o BM. Xallas disputa o seu partido este mesmo mércores, ás 20:00h no Pavillón de Fontenla ante o Bm. Ferrolterra.

1ª Estatal, xornada 11

  • Resultado: Bm. Camariñas - OAR Coruña (34-25)
  • Parcial ao descanso: (21-12).
  • Bm. Camariñas: Alex Canosa, Alan (4), Cristian Canosa (8), Man, Eusebio, José Manuel, Alberto Mas (8), Bieito, Héctor (1), Fran Carril, Christian Antelo (2), Fabián (2), Javi Martínez e Xabi (1).
Pabellón Municipal Camariñas cheo con 300 espectadores para darlle calorciño a este novo derbi provincial. O partido comezaba cunha saída en tromba dos locais que obrigaba ao preparador herculino pedir o seu primeiro tempo Morto 4-1 (min 5). As cousas igualábanse no electrónico pero as sensacións eran ben distintas porque pese ao 5-4 do marcador a sensación era de absoluto control polos conserveiros. A entrada de Eusebio deu outra velocidade aos locais levando o marcador ao 10-4 facendo aos coruñeses gastar o seu segundo tempo morto (min 12) que non cambiou nada da dinámica de partido porque o Camariñas seguia coa seu altisima intensidade defensiva e a súa rápida transición ofensiva que facían imposibles as solucións suscitadas polo preparador coruñés que usou a todo o seu banquiño en apenas 25 min de xogo, chegando ao descanso cun 21-12. A segunda parte comenzo cun cambio defensivo do OAR abrindo a súa defensa, cousa que non funcionou e o partido non tivo historia, pois a diferenza sempre estivo en torno aos 8/9 goles de diferenza que facían chegar moi tranquilos ao final dos 60 minutos cun marcador de 34-25.  

1ª Estatal, xornada 11

  • Resultado: Calvo Xiria - Rodosa Chapela (33-21)
  • Parcial ao descanso: (18-9)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4), Chimpo (10), Carlos García (8), Juanka (3), Iago Franco, Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (1).
A intensidade defensiva foi fundamental para ir masticando, dende o inicio, esta nova e importante vitoria do cadro verde. Defensa e portería rozaron case a perfección permitindo só 11 goles na primeira medai hora de xogo. No ataque posicional, a procura de amplitude a través dos cruces e a velocidade posterior na continuidade do balón danaban a retagarda rival, que non era capaz de chegar a pechar os espazos efectivos cara ao lanzamento. Eran momentos de dominio absoluto onde os de Carballo estaban de doce e a xente divertíase cun balonmán excelso e dinámico nunha bancada abarrotada. O Rodosa Chapela tentouno na segunda pero este Calvo está moi seguro de si mesmo, e non deixou escapar a vitoria.  

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-o-verde-puxose-en-negro/ “BM: E por fin chegou a primeira vitoria para o Bm. Camariñas” — Que pasa na costa

Comentarios