Bm: Xiria e Boya preparan o derbi cun Xallas xa en competición
14:22 10/10/18
Completa xornada do balonmán costeiro coa incoporación á competición do Bm. Xallas e tamén os partidos dos equipos de base.
Despois da súa presentación en sociedade, o Bm. Camariñas daba a cara na súa viaxe a Lalín ante un dos favoritos ao título, pero foi suficiente para volver con algún punto na saca.
Este venres hai o primeiro derbi da tempada entre Bm. Camariñas e Bm. Xiria, este venres 12 ás 18:30 no Areal camariñán.
Ademais, o Bm. Xallas abría a competición cun importante encontro ante o Narón, tralo que a valiosa vitória sérvelle para estar na Final Four de maio.
Bo triunfo do Bm Xallas
1ª Estatal, xornada 3
- Resultado: Embutidos Lalinense - Bm. Camariñas (31-23)
- Bm. Camarilas: Alejandro (Taller, Félix), Héctor, Fary (8), Eusebio (4), Fran (1), Antelo (4), Xabi. Tamén xogaron: Parga (1), Fabián (5).
1ª Estatal, xornada 3
- Resultado: Calvo Xiria - Luceros (25-19)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (5), Julián López, Brais Puñal (2), Pablo Iglesias (5), Chimpo (2), Enrique Pena (2), Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (5), Alejando Calvete, Iván Amarelle.
2ª Autonómica, xornada 1
- Resultado: Balonmán Xallas - Balonmán Narón (32-26).