Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bm: O Xallas estréase na casa cunha gran vitoria

Bm: O Xallas estréase na casa cunha gran vitoria
Seniors do BM Xallas estrearonse na casaSeniors do BM Xallas estrearonse na casa Os seniors do BM Xallas estreáronse, con vitoria na casa

Semana de contrastes para o balonmán costeiro. O Conservas Boya caia na sua visita o filial do Cangas e fica pechacancelas con 5 derrotas en 5 partidos. Unha situación estrana porque as sensacións son boas pero o equipo conserveiro estase enfrontando neste comezo de liga a moitos dos aspirantes ao título.

Precisamente na liga dos arriba xoga o Calvo Xiria, que sumou a 4ª vitoria en 5 partidos e se mantén no trío de cabeza.

Ademais, na 2ª, o equipo senior do Bm. Xallas debutaban na casa, ante o Bueu, un dos principal candidatos a loitar polos altos postos da clasificación, e facíao coa segunda e importante vitoria, que dá moitos folgos aos xalleiros.

 

1ª Estatal

  • Resultado: Luceros - Bm. Camariñas (30-25)
  • Bm. Camariñas: Alex Canosa, Cristian Canosa (8), Eusebio (1), Carril, Manuel Parga (1), César, Cristian Vigo, Alberto Mas (3), Bieito, Fran (4), Chiristian Antelo (1), Fabián (4), Javi, Xabi (3).
Viaxaban os camariñáns á vila de Cangas para a disputa dun novo encontro da 1ª Nacional ante o Bm Luceros (filial do BM Cangas de ASOBAL). O encontro iniciaba da peor maneira posible coa lesion nun nocello de Eusebio (min 5) e a distancia de 2-3 goles que collía o Luceros que foron as constantes durante todo o encontro.

A pesar diso o equipo nunca lle perdiu a cara ao encontro e intentouno ata o final sin que fose posible alcanzar a vitoria. Pese a derrota as sensación son boas de cara os vindeiros encontros, se ben volverá ser outro favorito, pois o vindeiro sábado visita o Areal o Construccions Castro Lavadores (18:30).

 

1ª Estatal, xornada 5

  • Resultado: Calvo Xiria - Balonman Saeplast Cañiza (25-22)
  • Calvo Xiria:Calvo Xiria: 25 (17+8). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4), Chimpo, Carlos García (6), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (4), Alejando Calvete (1), Iván Amarelle (2).
  • Parciais cada 5´: 4-0 / 7-2/ 11-5/ 12-7/ 12-10/ 17-12/Descanso/19-13/ 20-14/ 22-16/ 24-19/ 24-21/ 25-22.

A volta a Carballo dos irmáns Alfeirán facía máis emotivo un choque que controlou dende o primeiro minuto o cadro carballés. O 4-0 inicial mantívo esa diferencia ao longo do choque, gracias sobre todo ás boas contras dos verdes.

Só durante unha superioridade na segunda metade os da Cañiza se acehgaron, pero sen perigar a vitoria. Podedes comprobalo vendo o partido completo:

 

2ª Autonómica, xornada 2

  • Resultado: Balonmán Xallas - Bueu Atl. (34-25)
  • A pesar das baixas de Edu por motivos persoais, e Alex por lesión, as que se sumou a de Iván, que aos 5 minutos de partido tiña que abandonar o campo por problemas físicos, o equipo xalleiro soubo sobrepoñerse e sacar adiante un gran partido, que controlaron de principio a fin, si ben e certo que non conseguiron despegarse no marcador ata o minuto 15.

    Unha boa defensa e numerosos contraataques decantaron o partido para os xalleiros, que con fases moi boas de ataque posicional non deron opcións o seu rival.

    A vindeira semana tocará visitar o Linea 21, nun partido que pode empezar a definir o obxetivo de este equipo para a presente temporada.

    Ademais, as xuvenís xalleiras métense na loita polos 2 primeiros postos tras vencer ao Galicia Social por 39-20.

    Xuvenís do BM Xallas  

    Máis información

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/o-areal-demostrou-o-potencial-social-do-balonman-costeiro/

Comentarios