Martes. 23.04.2024
El tiempo

Bm: O Calvo Xiria xa é colider na 1ª Nacional mentres o Bm. Camariñas segue o seu complicado comezo

Bm: O Calvo Xiria xa é colider na 1ª Nacional mentres o Bm. Camariñas segue o seu complicado comezo
Xa é colíder o Calvo Xiria trala disputa da 6ª xornada da 1ª Nacional despois de vecer ao Magope e da primeira derrota do Unión Financieira de Oviedo ante o Carnes do Ribeiro de Ourense. Unha demostración do pelexada que está sendo esta competición. E se non que llo digan ao Bm. Camariñas, que están tendo un comezo de temporada moi costa arriba enfrontándose a todos os candidatos ao título, como este Construcciones Castro Lavadores de Vigo que levou a vitoria do Areal deixando claro que cheira a campión. Pola súa parte, o Bm. Xallas sumou unha nova vitoria e afronta para a vindeira semana un partido clave que pode marcar as súas aspiracións de ascenso. Bm Xallas senior masculino 18-19 Bm Xallas senior masculino 18-19

1ª Estatal, xornada 6

  • Resultado: Bm. Camariñas - Construciones Castro Lavadores (23-32).
  • Bm. Camariñas: Cristian; Alan (2), Cristian Canosa (9), Alberto Mas (4), Fran Carril (1), Christian Antelo (3), Fabián (4); Tamén; Bieito, Héctor, Javi, Félix (p), Xabi, José Manuel, Manu.
Sexta derrota consecutiva do cadro conserveiro, de novo ante un dos favoritos. O encontro comenzou cun Boya dubitativo e cun certo respecto de máis ante un Lavadores moi serio, no que un 2-6 de parcial fixo pedir tempo morto a Moncho Canosa. A partir de aí o equipo foi a máis pero o Lavadores seguía ao seu e facía moito dano en segunda oleada de contras. Pese a iso o equipo nunca lle perdeu a cara ao encontro e cun 11-14 fallaba tres ataques seguidos con sendos lanzamentos os paus para chegar o 12-17 o descanso. A segunda parte tivo pouca historia xa que entre as perdidas dos costeiros (10) e que o Lavadores seguía ao seu ritmo fixo que a distancia se ampliase atos 7/8 goles. Apareceron tamén os colexiados e o resultado rematou algo máis amplo do visto sobre a pista do Areal. A xornada para a familia feminina camariñá foi diversa. As sénior de 1ª Autonómica empataban en Tui; as Xuvenís caian co Bm. Lucus por só dous goles; as cadetes do Vilán Dinamic conseguían vencer ao Moaña e as infantís caían co Xiria.  

1ª Estatal, xornada 6

  • Resultado: Magope Seis Do Nadal Coia - Calvo Xiria (31-35)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal, Pablo Iglesias (9), Chimpo (10), Carlos García (2), Iago Franco, Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Iván Amarelle (2), Enrique Pena Pensado (1).
Proba de lume para este Calvo Xiria que demostrou que vai estar, un ano máis, entre os candidatos a todo. O choque comezaba moi igualado, con dous equipos moi serios e efectivos. Non pechou ben a defensa o cadro verde e non puido marchar con diferencias aos vestiarios. Na segunda, o cadro local marchaba con 4 goles por diante, gracias a unhas contras moi rápidas e ás exclusións dos carballeses. No último cuarto de hora os verdes afiaron unllas en defensa (con Iván Amarelle e Brais como baluartes) e mininimizaron erros en ataque (con Pablo IGlesias e Chimpo como homes máis acertados) para ir recurtando, e mesmo dándolle a volta ao marcador, para facer un parcial de 5-11 que deixaba a vitoria aos costeiros.  

2ª Autonómica, xornada 3

  • Resultado: Linea21 - Balonmán Xallas (28-32)
Partido no que os xalleiros mostraron dúas caras. Na primeira metade, un alto ritmo de balón, sumado ao gran criterio ofensivo no ataque posicional e a intensidade defensiva, que freaba os lanzamentos exteriores dos primeiras liñas do Linea21, marcaron uns bos minutos cos que o marcador ao descanso reflexaba un 9-18 para os de Santa Comba. A relaxación da segunda metade, sumada a unha boa reacción por parte do Linea21, fixo apretarse o marcador ata un 26-29 a falta de 3 minutos, pero 2 goles consecutivos dos visitantes terminaron coas esperanzas de remontada do Linea21. 2 puntos importantes para O Balonmán Xallas, que a vindeira semana recibe o ED. Poio, imbatido, nun partido importantísimo que deixará a un dos equipos como líder en solitario da categoría. Ademais, as Xuvenís xalleiras venceron en Tui gracias a un bo final de encontro a pesar de non ter xogado o mellor choque. Xuvenis do Bm Xallas Xuvenís do Bm Xallas

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-o-xallas-estrease-na-casa-cunha-gran-vitoria/ “O Areal demostrou o potencial social do balonmán costeiro” — Que pasa na costa

Comentarios