Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Alertan da chegada inminente da couza guatemalteca á zona

Alertan da chegada inminente da couza guatemalteca á zona
Visión humorística de Hermanager Production da visita da polilla guatemalteca Visión humorística de Hermanager Productions da visita da polilla guatemalteca

Aínda non chegou pero o medo está moi presente na zona, pois a chegada da “couza guatemalteca” (Tecia solanivora) pode ser unha catástrofe para o sector agrícola bergantiñá. Así, estes días está a haber moitas charlas informativas pola zona. De feito, Oficina Agraria Cormarcal de Corcubión organza para hoxe luns, día 20 de marzo, ás 12:00h, unha cita na Casa da Cultura de Cee. Ademais, este xoves 23 de marzo toca charla informativa ás 12:00h na Casa da Cultura de Seaia, en Malpica, polos técnicos da Consellería.

Onde xa tiveron a ocasión de coñecer a problemática de preto foron os produtores de Coristanco, onde oresponsable de agricultura de Unións Agrarias, José Ramón González, advertiu dos problemas aos que se enfrentarán no futuro nesta importante zona produtora.

No acto organizado polos socialistas bergantiñáns, acodiron unha vintena de produtores da zona, que puideron tomar das medidas que xa teñen que adoptar os agricultures das zonas norte das provincias de Lugo e A Coruña. Aínda que en Bergantiños non se produxo a situación de emerxencia que viven esas outras comarcas, segundo José Ramón González “é unha cuestión de tempo, xa que a falta de actuación por parte da Xunta de Galicia facilitou que a polilla se extendese” e, sen dúbida, “chegará a zonas produtoras como esta”.

Os socialistas buscan así informar non só as comarcas xa afectadas pola praga, se non informar a todas as zonas produtoras e susceptibles de ter problemas coa polilla guatemalteca.

Charla sobre a polilla guatemalteca en Coristanco Charla sobre a polilla guatemalteca en Coristanco

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios