Venres. 19.04.2024
El tiempo

As toalliñas, o gran inimigo dos ríos

As toalliñas, o gran inimigo dos ríos
Senda Nova limpando o Anllons no Proxecto Rios Senda Nova limpando o Anllons no Proxecto Rios Unha mágoa ver que das 70 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino...) e 7 concellos de toda Galicia que participan no Proxecto Ríos, só unha é da Costa da Morte. Senda Nova, a comprometida asociación bergantiñá, participou esta fin de semana na XI Limpeza Simultánea de Ríos, que organiza ADEGA a través do Proxecto Rios. Uns 20 voluntarios da zona xuntáronse para celebrar esta xornada de sensibilización e tamén de limpeza activa, pois fixeron un gran traballo deixando uns quilómetros do río Anllóns moito máis limpos. Recolleron algo máis de 120 kg de lixo de todo tipo, que nos serve ao mesmo tempo a todos a decatarnos o que estamos a facer coa nosa natureza. Dende Senda Nova volven destacar a presencia das “famosas toalliñas, que chegan ata os nosos ríos da man dun xesto tan sinxelo como pode ser tiralas polo váter en vez de depositalas no cubo da basura”. Pero tamén recolleron unha gran cantidade de roupa, varios neumáticos e abundantes plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…). En total, os voluntarios de toda Galicia sacaron unhas 8 tolenadas de lixo do nosos ríos, o que debería facer reflexionar a toda a poboación. Senda Nova limpando o Anllons no Proxecto Rios 2 Senda Nova limpando o Anllons no Proxecto Rios

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-toallitas-que-se-tiran-polo-vater-e-un-dos-grandes-problemas-das-depuradoras/

Comentarios