Luns. 20.05.2024
El tiempo

O VII Trail da Filloa suma máis de 800 participantes a escasas horas de pecharse as inscricións

David Fernandez Monte Brondo co alcalde de Zas VII_Trail-Filloa-Zas-2024-2
David Fernández de Monte Brondo co alcalde de Zas presentando o VII Trail Filloa de Zas
O VII Trail da Filloa suma máis de 800 participantes a escasas horas de pecharse as inscricións

Xa andan a xente Asociación Monte Brondo preparando todo para que este domingo todo saia á perfección na 7ª edición do Trail da Filloa. Unha cita que conta este ano con máis de 830 persoas e aínda está por pechar inscrición ata as 23:59 deste mércores 31 de xaneiro.

Unha proba que segue aumentando o número de participantes (serán máis de 300 para o trail curto e máis de 100 para o longo de 40km, ademais de outras 400 persoas para as Andainas), a pesar da baixada continua que sofren o resto de probas nestes últimos anos. O segredo está moi claro: as Filloas á pedra de Ana Pereiro, que se entregan como avituallamento final cun caldiño e unha bebida. 6 persoas estarán ás ordes de Ana mallando nas 25 pedras durante toda a mañá para que máis dun milleiro de persoas poidan disfrutar deste manxar engandido este valor tradicional e etnográfico a esta proba deportiva.

Outro dos puntos que fai desta proba ineludible para os amantes do deporte de natureza é o servizo de gardería, no propio pavillón, o que lle permite a moitas familias asistir en común.

Serán en total máis de 60-70 as persoas que estarán traballando entre Concello, Protección Civil e voluntariado da entidade, o que dá conta da incidencia desta singular proba, que mestura deporte, con tradición, natureza e divertimento.

A proba ten saída da praza do concello, e a chegada con centro neurálxito está instalada no pavillón de Zas. Polo camiño hai varias novidades, como a nova ruta aberta por medio da maleza ao Pico de Meda, o cumio do Val de Soneira; unha baixada polo Monte Brondo, polo cortalumes, e a ampliación do exitoso ounto de cordas, que contará con 3 vías para evitar aglomeracións.

“Para o Concello de Zas é todo un orgullo que un evento deportivo poña en valor o noso patrimonio e a nosa gastronomía e que reúna a tantos deportistas de toda a xeografía galega e doutros puntos do territorio nacional que veñen disfrutar e coñecer o noso municipo coa repercursión na economía local que iso conleva”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, durante o acto de presentación do cartel da 7ª edición do Trail da Filloa que tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Zas e ao que asis9u tamén David Fernández, en representación da Asociación Deportiva Monte Brondo.

Tamén queren destacar que por cuarto ano, outorgarase a “Beca para estudios” cos ingresos ob9dos nas inscricións e que se destinaban anteriormente a agasallos, como mochilas, camisetas,... para as persoas participantes. O importe recadado entregaráselle de forma confidencial a un/unha estudante empadroado/a no Concello de Zas que será seleccionado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas.

Ademais, se ano pasado a organización agasallou aos participantes cun pequeno esquexe de piñeiro, este ano van entregar unha tarxeta con sementes, para plantar flores na casa.

Máis novas

Comentarios