Domingo. 19.05.2024
El tiempo

“É moi triste roubar xoguetes dos nenos e non levar os cartos ou o móbil”

  • Denuncian o roubo dunhas bonecas infantís do seu coche cando estaba facendo unha ruta por Zas
Boneca roubada en Zas
Boneca roubada en Zas
“É moi triste roubar xoguetes dos nenos e non levar os cartos ou o móbil”

Hai cousas dificlmente entendibles pero entrar nun coche e entrar a roubar unhas bonecas infantís. “É moi triste roubar xoguetes o dos nenos e non levar os cartos ou o móbil”, lamenta Sheila, nai dunha familia de Arteixo namorada da Costa da Morte, que denuncia o roubo este pasado sábado duns xoguetes da súa filla e que pide colaboración cidadá e do concello para intentar recuperala.

Achegábanse en familia a facer a Ruta da Auga de Zas. Sobre as 18:00h, cando voltaron ao coche, alguén forzara o maleteiro e levara o que alí tiñan que “ao final eran os xoguetes da nosa nena, as súas 5 muñecas co seu carro de xemeglas, o capazo, e a silla para levalas no coche co cinturón, cos seus accesorios e a súa roupiña dos bebés”. Os amigos do alleo levaron tamén a mochila coa roupa para poder cambiar ás criaturas ao final da viaxe, polo que ademais de quedar sen regalos, tiveron que ir empapados para casa.

”A verdade que aínda non mo creo, paréceme de vergoña roubar a dous nenos de 2 e 4 anos cando nos deixamos a carteira mais o móbil dentro da guantera do coche e non o levaron…” lamenta. “Paréceme incríble que poidamos xogar así cas ilusións dos nenos”, explica sinalando que son os regalos dos Reis, “xa nos se basea só na perda económica para min e moito máis por iso prefería que tiveran levado a carteira ou o móbil”…

A familia sabe que dificilmente vai recuperar as bonecas pero quere polo menos avisar para a xente que vaia deixar o coche na zona, que teña coidado co que deixa.

Sinala tamén que foron ata o cuartel da Garda Civil de Vimianzo, pero estaba pechado, e tiveron que chamar ao 062 para solicitar a visita dunha patrulla.

Comentarios