Luns. 20.05.2024
El tiempo

Nova Galega de Danza planta a súa premiada Leira en Vimianzo

Nova Galega de Danza. Leira_Foto Xan Dominguez
Foto Xan Dominguez
Nova Galega de Danza planta a súa premiada Leira en Vimianzo

O Auditorio Municipal de Vimianzo acollerá este sábado 30 de abril ás 20:30h a representación de Leira, espectáculo de Nova Galega de Danza, a agrupación dirixida polo coreógrafo e bailarín ferrolán Jaime Pablo Díaz.

O espectáculo, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa de coproducións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no Centro Coreográfico Galego, amosa unha exaltación da labor do campo por medio do corpo e da terra. Danza e música representan a agricultura tradicional galega e a dureza da mesma durante todas as estacións do ano, día e noite, baixo vento, chuvia ou xeada.

O corpo de danza de Leira, composto por seis bailaríns da compañía (Inés Vieites, Estefanía Gómez, Uxía Rivas, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Amara Pérez), desenvolverá unha coreografía na que os artistas xogan cunha escenografía minimalista sobre un chan de terra, unha terra que remata sendo un protagonista máis da proposta escénica.

As entradas xa poden adquirirse en woutick.es por un prezo de 5 euros. En billeteira do auditorio Municipal tamén poderán mercarse no propio día da representación unha hora antes.

Comentarios