A Gran Orde Gastronómica renova a súa directiva
08:07 27/09/18
A nova directiva, encabezada por Manuel Antelo, xa traballa en catro novos proxectos
Con Manuel Antelo Pazos á cabeza, a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou na xuntanza do pasado luns a directiva. Acompañarano Rosa Sánchez Martínez (vicepresidenta); Julián Prieto Valdés (secretario); Pepe Blanco Alborés (tesoureiro) e Pablo Aller, Pepe Formoso e Manuel Mouzo (vogais). José M. Pato foi elixido presidente de honra.
O novo equipo de traballo ten xa en mente catro novos proxectos, todos baixo a filosofía de manter un estreito compromiso cos productores, cos elaboradores e tamén coa saúde.
Cesta dos sabores da Costa da Morte, Saberes da Costa da Morte, Mercados da Costa da Morte e Fogóns da Costa da Morte son os nomes dos traballos que quedaron sobre a mesa durante a cea que mantiveron o pasado luns no restaurante Pastoriza de Vimianzo na que degustaron productos da zona.
Novas relacionadas
- 2016: A Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte segue espallando a excelencia da nosa hostalería
- 2013: A Gran Orden Gastronómica da Costa da Morte estreouse no Xantar.
- 2013: Nace a Gran Orden Gastronómica Costa da Morte.
Máis novas gastronómicas
- Un xalleiro e un fisterrán na vangarda gastronómica do Celler de Can Roca.
- Outubro 2016: Emilio Calo volve competir contra a nova fornada de cortadores de xamón.
- Setembro 2016: Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- Setembro 2016: En Carnota tamén se corta, de dez, xamón.
- Os mellores GinTonic da península, de Carnota.
- A milla de ouro dos tiradores de cervexa de Galicia está na Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])