Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os plenos de investidura de Mazaricos e Muros tamén se adían

Juan Blanco BNG Mazaricos e Maria Lago BNG Muros
Juan Blanco (BNG Mazaricos) conta con maioría absoluta e Maria Lago (BNG Muros) conta cos apoios para alzarse como alcaldesa
Os plenos de investidura de Mazaricos e Muros tamén se adían

Se o pleno de investidura de Corcubión se pospuxo por un voto pintado, os de Mazaricos e Muros tamén se van adiar ata o 7 de xullo por un problema con varios votos no marco do Partido Xudicial de Noia. Deste xeito, retrátanse tamén asconstitución das novas corporacións dos concellos de Boiro, Lousame, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira.

Juan Blanco (BNG de Mazaricos) e probablemente María Lago (BNG de Muros, tralo máis que posible acordo co PSOE), terán que esperar outros 20 días para volver a coller, e estrear (respectivamente) o bastón.

As Causas

Á Xunta Electoral de Noia correspóndenlle 2 deputados provinciais. Segundo os votos acadados polas distintas formacións, un é para o PP e outro é para o BNG, quedando sen ningún o PSOE, por apenas 10-15 votos.

O PSOE presentou un recurso días despois dos comicios ante a Xunta Electoral, para revisar os votos nulos en todas as mesas dos 9 concellos. A Xunta Electoral Zonal aceptou mirar os votos nas mesas nos que eses votos nulos foran reclamados na acta de escrutinio, ao remate do reconto. Unha vez revisados, o PSOE non sumou ningún voto, pero decidiu seguir recurrindo pedindo revisitón en todas as mesas, e ante a falta de aceptación da Zona recurriron á Xunta Electoral Central, en Madrid. E como no caso de Corcubión, a Xunta Electoral Central, absolutamente colapsada, retrasouse unha semana. Así que deste xeito, e como nentres non se resolvía ese recurso, non se sabe os concelleiros oficiais, os plenos deben retratasarse.

A situación provocará, seguramente, retraso tamén na Deputación.

Novas relacionadas

Comentarios