Luns. 20.05.2024
El tiempo

15 rapazas e rapazas de Malpica aprenderon con Educo a identificar a violencia da man

Alumnos de Malpica no programa EDUCO
15 rapazas e rapazas de Malpica aprenderon con Educo a identificar a violencia da man

Máis que interesante a participarción no 15 rapaces e rapazas de 4º curso de Educación Primaria do CEIP Milladoiro de Malpica no programa EDUCO. A ONG de cooperación global centra a súa actividade na educación, a protección e a participación da infancia, e este ano invita a centros da provincia a participar nun programa de formación e sensibilización fronte a violencia que sofre a infancia e a xuventude.

Os nenos e nenas, de 9 anos, aprenderon a identificar a violencia a través dun conto e o recoñecemento de medos e perigos que poden darse no seu día a día. A metodoloxía deste programa, que Educo está organizando en distintas localidades galegas, está baseada en tres enfoques fundamentais: teórico, global e práctico, que ten como obxectivo contribuír a desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa.

Nas sesións lévanse a cabo, dun xeito lúdico, actividades como a elaboración dun mapeo corporal, na que se lles anima aos rapaces e rapazas a pensar nas diferentes partes do corpo para identificar e compartir sensacións, reflexionando sobre os sentimentos de bo ou maltrato, ou a creación dun “mapa das sombras”, na que os participantes identifican e sinalan espazos ou situacións que poidan supoñer algún dano ou violencia. Ademais, os nenos e nenas elaboran un decálogo do bo trato.

Alumnado de Malpica no programa EDUCO

Comentarios