Domingo. 19.05.2024
El tiempo

FUTFEM: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista"

CFF DUmbria en Negreira
Serena, do Dumbría no campo do Cepelo, en Negreira
FUTFEM: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista"

Ven marcada a xornada pola denuncia do Dumbría polo “exhibicionismo reiterado” dun colexiado do colexio de Santiago. Unha situación ante a que esperamos que a Real Federación Galega de Fútbol tome medidas drásticas e o releve inmediatamente das súas funcións, como xa tiña que ter feito no seu día.

Así e todo, a xornada deixou motas cousas interesantes. Na 2ª, boas vitorias de Xallas e Cee, qu se manteñen preto do segundo vagón, destacando a goleada do Cee a unha das 4 primeiras.

Na Liga da Costa, Corme, Dumbría e Muxía non fallaron e seguen na pelexa polos postos de ascenso directo e promoción, abrindo aí unha fenda con Ponteceso e Mazaricos.

Con todo, varios adestradores seguen anunciando que son moitos os equipos que xogan con máis cadetes das permitidas, e consideran que non é digno da competición. Se cadra, se tantos equipos teñen necesidade de tirar as cadetes, a Federación tiña que buscar unha solución.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 17

Xallas - Cult. Maniños (1-0)

  • Xallas: Barbeira; Laura, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Inés, Yasmina; Claudia, Paula Barcia e Olalla. Tamén xogaron: Leti, Paula Gándara, Zaira, Michelle e Daniela.
  • Gol: 1-0, m.35: Andrea Otero de cabeza.

Triunfo moi acertado do conxunto verde nun partido complicado, ante un gran rival físico, que ofreceu moita resistencia. Os tres puntos permítelle aos Rupper seguir o ronsel dos equipos que están arriba na clasificación.O primeiro tempo as costeiras tiveron varias ocasións. A máis clara foi unha falta de Olalla que a porteira sacou da liña de gol dun xeito incrible, pero non puido facer nada ante a cabezada de Andrea Otero que puxo as locais por diante antes de finalizar o primeira tempo.

Tralo descanso, o Cultural de Maniños seguiu competindo e con xogo directo e apretou moito o resultado mesmo Saskia sacou un balón sobre a liña, e a súa porteira voltou a intervir con paradas de moita calidade.

As Miúdas - Carral (0-5)

Nova derrota das Miúdas, nun partido máis igualado do que sinala o marcador, que resultou abultado por varios goles nos últimos minutos, xa co partido decidido. As muradás sufrían moito co segundo gol das visitantes ao fío do descanso.

Cee - Abella (5-0)

  • Goles: 1-0, m.14: Paula Veiga; 2-0, m.18: Nayara; 3-0, m.48: Saray Duarte; 4-0, m.72: Sharay Caamaño; 5-0, m.89: Nayara.

Gran partido realizado polas ceenses ante un equipo da zona alta da clasificación. Empezaba o Cee cunha marcha máis e nunha gran xogada colectiva, marca Paula o primeiro. Cun Cee xa en campo contrario chegaría o segundo por parte de Naiara tras unha asistencia de Martinez.

Chega a segunda parte e tras un erro na saída do balón das visitantes Duarte marca cun gran tiro lonxano. As ceenses ,coa moral polas nubes, chegaban a área rival con mais frecuencia e sen perigo a nivel defensivo. Xa co partido sentenciado Sharay colle o balon cerca do círculo central e se desfai de varias xogadoras e marca un auténtico golazo por toda a escuadra. Xa no treito final Nayara conseguiría o doblete cun golazo co hombreiro digno dunha xogadora de 1ª División. Vitoria que lle sube a moral ás azuis e que demostra a súa valía.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 17

Nicrariense - Dumbría (0-1)

  • Gol: 0-1, m.85: Ione.

Xa contamos a problemática arbitral sufrida polas costeiras en Negreira. E abofé que o puxo difícil o colexiado, que fixo que as dumbriesas, malia ter o dominio absoluto do partido, non o pechasen ata o m.85. Mans dentro da área, faltas en ataque, fóras de xogo inventados, expulsións por preguntar… as visitantes non puideron vencer ata os últimos 5 minutos.

Corcubión - Mazaricos (1-2)

  • Goles: 0-1, m.20: Lúa; 0-2, m.51: María Senra a pase de Ánxela; 1-2, m.77: María Castro.

Partido de alto voltaxe no Cubaleiro, con dous equipazos fronte a fronte. O partido empezaba con moito ritmo co Corcubión roubando moi arriba e avisando. As locais facían dano ás costas da defensa amarela coas extremas, mentres o Mazaricos intentaba xogar por dentro con Silvia e Lúa buscando a velocidade de Ánxela. Tras unha boa presión despois dun saque de porta, Lúa abría o marcador cun fermoso tanto dende o borde da área.

Xa na segunda partes as de Rubén Casrillo deron un paso adiante pero eran as de Rachón as que o aproveitaban para marcar nunha contra. O Corcubión envorcaba o campo pero tamén á contra Raquel puido facer o terceiro. María Castro recurtaba con 15 minutos por diante, facendo que as amarelas acabasen pedindo a hora.

Muxía - Outes (6-0)

  • Goles: 1-0, m.13. Patri Romaní; 2-0, m.34: Clauda; 3-0, m.58 Patri Romaní; 4-0, m.63: Patri Romaní; 5-0, m.75 Andrea Piroja; 6-0, m.84: Andrea Piroja.

A pesar das baixas, o cadro de Congui e Isma Márquez foi moi superor. O vento deixábase notar e co vento en contra o Outes aguantou mellor. Pero no treito final puideron golear a un guerrilleiro Outes.

Camariñas - Bergantiños (3-1)

  • Goles: 1-0,m .1: Cris Mouzo; 1-1, m.33: Clara; 2-1, m.45: Paula Mouzo; 3-1, m.70: María.

Boa vitoria deste Camariñas de Cabrejo e Pepucho que segue mellorando partido a partido, ante un Bergantiños B que sufría varias baixas e que pelexou ata o final.

Corme - Dubra (2-0)

  • Goles: 1-0, m.11: Carla; 2-0, m.37: Carla.

Partido malo do Corme a nivel futbolístico. Non souberon as de Rubén Souto interpretar o que pedía o partido, esa pausa que lles permitía superar liñas. Con todo, dúas accións de Carla serviron para levar os puntos e manterse no alto da táboa. A mellor nova, a volta de Aroa 3 meses despois.

Cabana - Cerqueda (2-0)

  • Goles: 1-0, m.53: Irenre; 2-0, m.70: Irene de penalti.

Partido igualado no que comezou levando o Cabana a iniciativa e se puido adiantar por medio de Irene, pero a meta visitante Paula Casal salvou o primeiro envite. Nos últimos 20 minutos equilibrouse o partido e o Cerqueda dispuxo dunha clara ocasión desbaratada por Miriam. A segunda parte chegaron os goles para locais. Aí si Irene traspasou a liña de meta. As visitantes tentarono ata o final pero as cabanesas defenderlo se ben e acabaron os tres puntos.

Fisterra - Noia (3-5)

  • Fisterra: 0-1, m.3: María Hermida; 0-2, m.11: María Hermida; 0-3, m.35: María Hermida; 1-3, m.53: Andrea; 2-3, m.55: Andrea; 2-4, m.59: Mercedes; 3-4, m.60: Andrea; 3-5, m.79: María Hermida.

Duelo de goleadoras en Ara Solis, demostrando a súa superioridade sobre as defensas. O Fisterra saía durmido e aos poucos minutos xa levaba 2 no lombo. Con 0-3 acaba a primeira metade, pero Andrea saía por todas na segunda e metía no partido en dúas ocasións ao equipo, ata que no m.80, a goleadora noiesa sentenciaba.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios