Venres. 10.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober dedícalle á Barca a nova vitoria

Fisober veteranas e  noveles
Veteranas e novas xeracións do Fisober no Conco
FSF: O Fisober dedícalle á Barca a nova vitoria

Recibía no Conco o Dumbría ao filial do Bembrive, e as de Fran Toba sumaban un novo triunfo tras facer un partido moi concentrado. As costeiras eran conscientes de que a pesar da xuventude do rival eran un conxunto que fai as cousas moi ben como xa llo amosou na primeira volta. Un conxunto que chegou a Dumbría con habituais do primeiro equipo, un dos sobranceiros da 2ª División Nacional. Así e todo, as costeiras  venceron con rotundidade, dedicáronlle o triunfo a unha lesionada Barca que está a sufrir non poder axudar dende a bancada, e manterse así no liderato da táboa.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, XORNADA 17

  • Resultado: FISOBER FSF – BEMBRIVE FS “B”: 6-3.
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Nuriña; tamén xogaron: Saray, Ana, Nai, Myrella, Andrea.
  • Goles: 1-0 min 6 Saray, 2-0 min 7 Patri, 3-0 min 8 Andrea, 4-0 min 16 Nai (descanso), 5-0 min.24 Adriana, 6-0 min 28 Andrea, 6-1 min 30 Lucía Casal, 6-2 min 35 Iria Vázquez , 6-3 min.40: Crystal.


O incio do partido foi igualado, ata que se rachou ós seis minutos. O colexiado indicaba un penalti que lanzaba Ana, a porteira visitante Iria despexaba o balón pero Saray era a máis lista e recollía o rexeite e batía a Iria por debaixo das pernas abrindo o marcador.
Non lles sentou ben o gol as visitantes xa que no seguinte minuto Patri recibía de Andrea para marcar a pracer.
E tan só un minuto despois era Andrea a que facía o tres a cero, rachando o partido un abrir e pechar de ollos.
Aínda así as olívicas non se rendía e seguían a traballar na busca de reducir diferenzas. Pero Sharay non deixaba que se acercaran no marcador. Quen si acertou foi Nai nun disparo que petaba nunha xogadora visitante para facer o cuarto gol local. Co catro a cero chegouse ó tempo de lecer.

Fisober andrea 3.0
Andrea picando o balón

A volta de vestiarios todo continuo igual. No minuto vinte catro era Adriana a que facía o quinto gol para o Fisober. Uns minutos despois era novamente Andrea a que poñía un claro seis a cero. Pero as visitantes non se viñeron abaixo. Así mediada está segunda metade era Lucía Casal a que marcaba o primeiro gol visitante. Despois Iria Vázquen nun balón que petaba en Paula Fandiño facía o segundo gol para as olívicas. E xusto nos últimos segundos Crystal facía o terceiro gol visitante.

A vindeira xornada toca visita A Rúa

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios