Domingo. 19.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Os 6 de arriba demostran o fermosa que está esta Liga da Costa

Porteno-Castrizo na Grixa-Foto-Campana
Imaxe do vistoso Porteño-Castriz na Grixa-Foto-Campaña
2ª Galicia: Os 6 de arriba demostran o fermosa que está esta Liga da Costa

Voltaba á competición tras case u mes de parón, e rematou a primeira volta da Liga da Costa e fíxoo cos 6 de arriba enfrontándose entre si. Unha circunstancia que practicamente se repite a semana que vén, con novos inquilinos nas 5ª e 6ª praza, xa que Outes e Camariñas aproveitaron as derrotas de Corme e Ponteceso para superalos.

Pero os tres duelos de arriba foron tremendos, demostrando que esta temporada a Liga da Costa está máis fermosa que nunca. O Porteño conseguiu superar a todo un Castriz, en endosarlle a segunda derrota do curso, apretando a zona alta. Así e todo, os xalleiros rematan campións de inverno.

O Muxía superaba ao Corme no Cairo e fica a só un punto do liderato. O Mazaricos volve engancharse na loita tras vencer a un Ponteceso que viña á alza.

Polo demais, a nota máis destacada foi a primeira vitoria do Volantes, e o fixo ante un rival como Baíñas. O Muros segue en zona de perigo mentres Cee e Monte Louro asinaron unhas táboas que os deixan aos dous moi condicionados polos hipotéticos postos de arrastre.

Mazaricos - Ponteceso (2-1)

  • Mazaricos: Ángel, Raúl, Fran Pose, Luís Mayán, Brais Canosa, David, Pereiro, Rachón, Marcos, Molinos e Kevin. Tamén: Álvaro, Ricardo, Iago Estalote, Rodri e Diego Maneiro.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Juan Rey, Iván Rod, Pedro, Luca, Raúl, David Castro, Alberto Recarey, Eloy Álvarez, Neira. Tamén: Samuel, Ures, Eloy Trigo, Sergio e Martín Puente.
  • Goles: 1-0, m.15: Molinos; 2-0, m.44: Kevin; 2-1, m.87: Eloy Álvarez.

O Mazaricos e o Ponteceso retornaban a competición o sábado pola tarde despois do paron invernal. Tarde bastante desapacible no Pino do Val e pouco ambiente nas gradas nunha xornada marcada pola habitual borraxeira mazaricá. O equipo local empezaria mellor o encontro levando o dominio nos primeiros minutos e conseguindo adiantarse, facendo un moi bo fútbol combinativo.
Pouco a pouco os visitantes foronse soltando e tamén empezaron a ter opcions de cara a meta contraria. O partido foi indo cara un "toma e daca" por parte dos dous equipos con chegadas ás áreas aínda que con pouco acerto. Xa sobrepasada a media hora os visitantes disporían dunha grande oportuninade para igualar a contienda por medio dun penalti que o cancerbeiro local Ángel atallaria. No final deste primeiro tempo os locais abririan fenda poñendo o segundo gol por medio de Kevin no que os visitantes pediron fóra de xogo.

Antes do descanso dous xogadores, un de cada equipo, sufrían un forte golpe coas ínclitas varandas, que afortunadamente quedou en susto.

Na segunda parte o Mazaricos comezou moi ben pero que co paso dos minutos foi dando un paso atrás para conservar a vantaxe e poder matar a contra. Disporía o Ponteceso de oportunidades para acortar distancias pero unhas veces a falta de punteria e outras o acerto do porteiro local desbatarían estas. O 2-1 de Eloy Alvarez chegaría xa co tempo cumplido sen dar maior opción a un posible empate. Os tres puntos quedaron na Peña de Ouro o que axuda a comprimir a cabeza da clasificación nunha máis ca paxionante Liga da Costa.

Cee - Monte Louro (1-1)

  • Cee: Yago Pazos, Jonathan, Borja, Noe, Jose, Anxo, Gabi, Isma, Carlos Trinidad, Eze e Bruno. Tamén: Isaías, Oreiro, Fraga, Quique e Iago.
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Óscar Fari, Rodri, Manolo Chouza, David Pais, Chano, Raúl, Luísmi, Álvaro Fari. Tamén: Javi, Fabio e David Lestón.
  • Goles: 1-0, m.55: Bruno; 1-1, m.82: David Lestón.

Punto valioso para o cadro loureán, que chegaba con moitas baixas, ante o Cee nun duelo directo que lle sabe a menos no equipo da Xunqueira. Pouco xogo na primeira metade, con dous equipos con pouco ritmo. Foi o Cee o que máis empurrou pero se atopou unha defensa ben armada e un meta Pedro excelente.

Abría a fenda o Cee nada máis comezar a segunda cun tanto de Bruno de cabeza nun centro de Gabriel Pazos. Parecía que o partido se meetía de cara para os locais, pero non foron quen de cerrar o partido e aproveitaria o Louro nos minutos finais para empatar logo dunha xogada pola banda. Aínda nos minutos finais Eze tivo un par de ocasións pero volveu aparecer Pedro para salvar ese puntiño.

Coristanco - Cabana (3-4)

  • Goles: 1-0, m.35: Adrián Rod.; 1-1, m.43: Sergio Ferreiro; 1-2, m.45: Manuel Romero; 2-2, m.58: Adrián Pazos; 3-2, m.67: Adrián Rod.; 3-3, m.90: Pablo Pose; 3-4, m.95: Manuel Romero.

Partido de tolos na Rocheira, con alternativas no marcador. Ata dúas veces se meteu por diante o Coristanco, pero o Cabana non lle perdeu a cara ao partido e acabou remontanto con dous tantos no desconto.

Outes - Muros (4-0)

  • Outes: Dani (Ryan Pereira), Jura, Babu, Martín, Estefan (Aarón Insua), Veleiro, Pablo, Iván (Adrián), Keko, Aarón Gómez (Óscar) e Ryan.
  • Muros: Alvaro, Martín, Flavio, Samuel, Quin, Xaco, Kiko, Gesto, Xavi, Alon e Jesús Tamén: Ángel, Púgil, Edu, Vara e Alex.
  • Goles: 1-0, m.32: Ryan; 2-0, m.64: Oalo Tuñas; 3-0, m.73: Ryan; 4-0, m.84: Aarón Insua.

Partido con pouca historia, cun Muros desaparecido que non soubo adaptarse á chuvia e o mal drenaxe do campo, sobre todo polas bandas. Así e todo a primeira ocasión era dos visitantes pero Dani salvaba aos locais. O Outes, máis adaptado ás circunstancias, era dominador, e pouco a pouco ían chegando ocasións. Ryan abría o marcador á media hora. Neste período tanto Aarón Gómez por dúas veces e Pablo tiveron ocasións para aumentar a renda.

Na segunda metade, soubo o Outes manter a superioridade na loita polos segundos balóns, e mantivo o ritmo do encontro e foron caendo os goles. O único dato negativo para os de Alex Romero foi a lesión de Chía durante o quecemento, que seguramente lle obrigará a descansar tres ou catro semanas. Os de Ángel terán que “aprender dos erros e seguir traballando”.

Porteño - Castriz (3-0)

11 do Porteno na Grixa-Foto-P Parker

  • Porteño: José, Nico, Pejo, Brais, Rodrigo, Mayor (Jairo), Saviola (Nico), Joseba, Darío (Manolo), Pablo (Chipi) e Alan.

11 do Castriz na Grixa-Foto-P Parker

  • Castriz: Coke, Rodo, Fabián, Elvis, Samuel, Adrián García, Jairo, Iván Facal, Noli, Pastoriza, Sebas. Tamén: Gerpe, Alberto Mata, Álvaro Pose, Piñeiro, Martín Gemelo.
  • Goles: 1-0, m.20: Darío; 2-0 m.55: Mayor de falta coa axuda da defensa; 3-0, m.70: Chipi.
Porteno-Castriz na Grixa-Foto-P Parker
Porteño-Castriz na Grixa-Foto-P Parker

Partidazo de poder a poder, entre dous dos mellores da categoría. Saíron moi enchufados os locais, máis acostumado a rasear o balón nun céspede que se lle atragoaba aos xalleiros, que sufrían nos controis, en medir os pases… Marcaba Darío aproveitando un rexeite a tiro de Alan pero o colexiado anulaba por fóra de xogo nuns minutos nos que os de Cousillas e Javi Baña entrando por banda con Alan e con xente chegando a rematar. Pouco despois Darío, agora si, abría o marcador.

Asentábase o Castriz, que comezaba a carburar, tendo un cabezazo de Sebas ao que respondía Jose Mariolo, que foi chave nese último tramo da primeira facendo sendos paradóns nunha triple ocasión; e tamén noutro tiro cruzado.

Tralo descanso, o Porteño soubo rasear máis o balón na Grixa, dando sensación de dominio. Tivo ademais algo de fortuna cun tanto de Mayor de falta coa axuda da barreira. Aí houbo notou un baixón no Castriz, que sufriu un mazazo. O Porteño soubo manter liñas fixas e ao Castriz costáballe meter o dente. Tivo Adrián un tiro pola escuadra que volveu sacar Jose, e xa no treito final Chipi facía o terceiro nunha xogada que pediron fóra de xogo.
Pasaron os minutos co choque máis roto, cun par de mans a mans co Coke dos locais e unha de Iván Facal que salvou a lama na liña de gol.

Volantes - Baíñas (2-1)

11 do Volantes 2024
11 do renovado Volantes
  • Volantes: Alex de Yi, Anxo Gómez, Javi, Teijo, Antonio Rama, Barreiro, Manu Priegue, Adri Abeijón, Pesco, Carajillo, Kevin Rajoy. Tamén: Fran Rama, Ángel, Borja, Manu de Yi e Anxo Caamaño.
  • Baíñas: Joel, Raúl, Maikol, Manuel, Héctor, Carlos, Dylan, Adrián, Ruli, Cristian e Fabián. Tamén xogaron Rodrigo, Santi e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.15: Héctor dende 35 metros; 1-1, m.46: Borja; 2-1, m.74: Carajillo.

Primeira vitoria do Volantes nesta liga, cun tanto de Carajillo. O esteirán debutaba no banco laranxa e facía o gol da vitoria nun choque directo, facendo valer a melloría dos de Gus nas últimas semanas.

Empezou mellor o cadro de Roski, que apretaba ben na saída de balón, forzando sacar balóns directos, e dominando o xogo aéreo e as segundas xogadas, máis fortes nos balóns frontais. Abría o marcador Héctor cun fermoso gol lonxano, e tiveron algunhas opcións os visitantes de ampliar a renda.

Pero nada máis saír dos vestiarios, Borja marcaba practicamente no seu primeiro balón tocado. Pesco facía dano cos balóns colgados, nun Volantes que tiña algo máis o balón. Á contra Ruli tivo unha ocasión para romper o partido, pero o que non fallou foi Carajillo que conseguiu o gol da vitoria para os de Baño.

Corme - Muxía (1-3)

  • Corme: Quique, Rubén, Borja Torrado, Laik, Eloy Villar, Aitor, Mauro, Martín, Miguel Lucas e Isra. Tamén: Adrián, Brais Pailos, Yago, Noel e Teo.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Mauro, Kevin Carballo, Isma Márquez, Julián, Víctor Alcaina, Iago Muíño e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Fran Moreira, Mario e Iván Sambad.
  • Goles: 1-0, m.9: Martín; 1-1, m.35: Michael aproveita un erro do porteiro; 1-2, m.44: Víctor Alcaina tras unha xogada; 1-3, m.68: Fran Moreira de penalti.

Gran partido, moi disputado como todos no Cairo, cun cadro local, tremendamente novo e con baixas importantes, que puxo en moitos apretos a todo un experimentado cadro muxián. Comezaron os de Adrián cun bloque alto, metendo moita intensidade e presionando a saída dos muxians. Adiantouse o cadro local, pero pasaban os minutos e o Muxía íase facendo co dominio do partido, conseguindo darlle a volta ao marcador en dúas xogadas por medio do capi Michael e de Víctor Alcaina.

As forzas ían caendo no bando local e o Muxía soubo ler os tempo do partido, manténdose firme atrás e danzo zarpazos como un gol anulado ao capi nun saque de esquina, dous paradóns de Quique ou o tanto final de Fran Moreira de penalti.

Muxia tras vencer en Corme
O Muxía tras vencer en Corme

Camelle - Camariñas (0-3)

  • Camelle: David C; Martín, Ruso, Dido, Pablo; Estiben, Chans (Ángel), Vieites (Óscar), Sergio (Chori), Crejo (Gabi) e Adrián (Tereso).
  • Camariñas: Jorge, Brais, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Carlos (Manuel), Hugo (Julián), Mario, Roi (Víctor).
  • Goles: 0-1, m.20: David; 0-2, m.47: Mario a centro de Pablo; 0-3, m.90: David pola escuadra.

Non estaba moi ben o Rodeiro a pesar do parón invernal e o Camelle, máis afeito, comezou dominando e tendo unha gran ocasión que salvou Jorge. Tiveron un par de ocasións boas máis os de Sergio, antes de que o cadro de Cabrejo e Faus se fose adaptando. Sen correr riscos atrás, os visitantes xa buscaba xa balóns longos a Mario principalmente, que creaba perigo ca súa velocidade. Así comezaron a ter ocasións para marcar, pero foi nunha falta, cando marcaban o 0-1 gol de David, resultado co que se chegaba ao descanso.

Nada máis comezar o segundo tempo chegaba o segundo tanto dos camariñáns, obra de Mario a centro do seu irmán Pablo. O Camelle intentouno pero no foi quen de incarlle o dente ao cadro camariñán.

 

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios