Luns. 20.05.2024
El tiempo

Modesto Fraga reivindica a tese do Colón Galego coa publicación do libro de Ramón Marcote

Modesto Fraga presentou o libro de Ramon Marcote
Modesto Fraga escoltado por Eduardo E. Meruéndano e Rodrigo Costoya no Bela Fisterra. Foto: Pepe Formoso
Modesto Fraga reivindica a tese do Colón Galego coa publicación do libro de Ramón Marcote

Doble cita de presentación esta fin de semana do segundo volume da “Biblioteca da Fisterranía”. O seu autor, Modesto Fraga, presentaba o venres no Salón de Plenos e o sábado no Bela Fisterra o libro coa obra en prosa de Ramón Marcote.

O escritor fisterrán foi un dos grandes impulsores, dende o seu exilio na Habana, da tese do Colón Galego, creando a Asociación Cristóbal Colón Galego, entidade que hoxe preside Eduardo E. Meruéndano. Precisamente abriu as sesións Meruéndano, que se centrou nos últimos avances científicos das análises de ADN que comparan os restos atopados en Pontevedra cos ósos custodiados na Catedral de Granada.

É o momento de poñer en valor a figura de Ramón Marcote xa que temos avances científicos que deixan moitas posibilidades, como dixo Meruéndano, que se certifique a tese do Colón Galego, como o ratifica a toponimia, ou documentos onde se demostra a presenza de moitos Colóns en Pontevedra antes da chegada a America.

Fraga destacou a necesidade de poñer en valor o seu legado cultural, no seu aspecto literario como Bibliotecario no Centro Galego da Habana, como fundador da Real Academia Galega, como peza fundamental para a creación das escolas rurais…

Presentacion no Bela Fisterra de Modesto Fraga
Sesión no Bela Fisterra -Foto: Pepe Formoso

O sábado no Bela Fisterra a sesión foi máis en clave de tertulia. Amosou tamén o novelista Rodrigo Costoya a outra tese, que Pedro Madruga e Colón puideron ser a mesma persoa. Emitiuse un documental inédito sobre a tese de Colón Galego, e Modesto volveu incidir na importancia de Marcote como “o gran historiador da Galicia Exterior, o facho máis luminoso da cultura galega”.

Houbo moi interesantes interesantes entre o público, entre os que estaba Antón Castro

Un Modesto que se amosa satisfeito por consolidar o proxecto da Biblioteca da Fisterranía, contando co apoio da veciñanza, orgulloso de que “Fisterra é pioneiro porque non hai ningún concello de Gallicia no que se recupere a memoria intelectual e cultural dos nosos referentes”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios