Domingo. 02.06.2024
El tiempo

Constituído o Consello de Dirección do Proxecto Anllóns pensando nos Fondos Next Generation

 

CONSELLO DIRECCIÓN ANLLÓNS I copia
Constituído o Consello de Dirección do Proxecto Anllóns pensando nos Fondos Next Generation

Avanza a posta en marcha do denominado ‘Proxecto Anllóns’. O último paso foi a constitución oficial do Consello de Dirección da comunidade intermunicipal, nunha xuntanza celebrada onte en presenza do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e alcaldes e técnicos de turismo da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso.

Os representantes no devandito Consello serán dous representantes da Deputación e dous de cada concello. O presidente será o alcalde de Cabana, por ser o Concello de menor poboación.

Durante a xuntanza tamén se presentou a empresa que se ocupará de realizar a diagnose medioambiental e unha proposta de actuacións turísticas sustentables para a contorna do río Anllóns.

Ademais de sinalar que o proxecto servirá para “mellorar a saúde ambiental e calidade das augas do río Anllóns”, Regueira ”queremos poñer en valor o gran potencial fluvial que temos tanto a nivel de turismo como de patrimonio natural e incluso de carácter industrial, que nos permitirá traballar incluso coa perspectiva de candidataros a Fondos Next Generation”.

CONSELLO DIRECCIÓN ANLLÓNS II copia

Novas relacionadas

Comentarios