InicioCULTURAA Rede Cultural 2023 espalla o talento galego con 1.220 espectáculos

A Rede Cultural 2023 espalla o talento galego con 1.220 espectáculos

Publicada o

Por editor

Dá cifras hoxe a Deputación da Coruña do programa da Rede Cultural 2023. Unha iniciativa xa fundamental para o panorama cultural galego, que permite que tanto organizadores e eventos como grupos e compañías culturais unan camiños. 

O funcionamento da Rede comeza a comezo de curso coa inscrición de grupos, bandas, artistas e compañías. Unha vez co catálogo, cada Asociación Cultural ou Concello de turno, escollen @s artistas ideais para a súa festa, a súa mostra de teatro ou os seus ciclos audiovisuais, permitindo así facer un calendario de eventos con sabor galego por todo o país.

Así, durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 a Rede Cultural subvenciona (entre un 75% para os Concellos máis pequenos e un 30% para os grandes), con 1,5 millóns de euros, un total de 1220 espectáculos, que chegarán a 91 concellos da provincia.

De feito xa podes ollas as citas que traerá a Rede ao teu concello nas web da Deputación.

Na Coruña serán máis de 100 os espectáculos desenvoltos gracias ao circuito. Por exemplo na Costa da Morte, serán 67 os espectáculos desenvoltos, nunha zona onde os Concellos de Muros e Corcubión foron os máis activos solicitando máis actuacións, e nas que sorprende que haia concellos como Carnota, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos ou Santa Comba nos que non haia ningunha solicitude nun por parte do Concello nin das entidades.

O circuito inclúe estas liñas:

  • Escena ao vivo’, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos: 860 espectáculos (491 de teatro, 257 concertos, 85 de maxia e 27 de danza).
  • ‘Visións’, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 81 filmes.
  • ‘Lingua a escena’, programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega:  149 actuacións.
  • ‘Alicerce’, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 131.

Grandes e pequenos

En clave musiqueira, a Rede Cultural 2023 inclúe concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Vacas, Roi Casal,  Cristian Leggiero & Paty Lesta, Mercedes Peón, Festicultores, Fillas de Cassandra ou Familia Caamagno.

En clave teatral haberá espectáculos de obras teatrais e monólogos de Chévere, Talía Teatro, Mofa & Befa, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Mago Antón ou as AldaoLado.

Ampla é tamén a oferta para as crianzas, cunha oferta na que se inclúen Caramuxo Teatro, Magín Blanco, Mamá Cabra, Pakolas, Fantoches Baj ou Polo Correo do Vento.

ÚLTIMAS

O Palexco acollerá o mércores o primeiro mitin de Beiras apoiando ao BNG 12 anos despois da ruptura do nacionalismo galego

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras volverá participar nun mitin do BNG 12 anos despois...

Investigan a un granadino de 22 anos por colaborar nunha estafa polo método do ‘falso fillo’ a unha anciá da Coruña

A Garda Civil investigou a un mozo granadino de 22 anos como presunto autor dun delito...

Piden máis de 15 anos de cárcere para un home acusado de entrar en 11 vivendas en Oleiros

A Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro venres o xuízo contra un home que se enfronta...

As bandas ‘Moura’ e ‘Caldo’ ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón

A banda coruñesa 'Moura' e o trío vigués 'Caldo' ofrecerán un concerto conxunto polo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here