O lobo será o protagonista da fin de semana de Santa Comba
07:05 17/03/16
Esta fin de semana terán lugar en Santa Comba as xornadas nacionais do Lobo que reunirán a detractores e a defensores desta expecie en extinción organizadas polo municipio xalleiro.
Ao longo das xornadas, que terán lugar no edificio Multiusos, está prevista a proxección da película “Entre lobos” e varias ponencias con diferentes expertos na materia entre os cales estará o corcubionés Francisco Lema Fuentes. Unha das ponencias máis esperadas será a que ofrecerá Marcos Rodríguez Pantoja autor de “el lobo solitario de Sierra Morena" e coñecido por vivir 12 anos no seo dunha manda de lobos.
Outra das actividades que se enmarcan dentro destas xornadas é unha ruta BBT nocturna. Os interesados en participar na marcha, organizada polo concello de Santa Comba e o Club Ciclista Santa Compaña, poden anotarse no 617 55 88 76.
Novas relacionadas
- Unha ruta BTT nocturna detrás do lobo
- Defensores e detractores do lobo cítanse na xornada nacional que terá lugar en Santa Comba.
- Marcos Rodríguez Pantoja, o home Entre Lobos, estará nas Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Santa Comba