Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Plan Único da Deputación prevé investir un total de 3.326.509 € na comarca de Fisterra

Visita da Deputacion ao Concello de Corcubion
O Plan Único da Deputación prevé investir un total de 3.326.509 € na comarca de Fisterra

Repasamos a semana pasada, concello a concello, os 21 millóns que a Deputación da Coruña destinou aá Costa da Morte no marco do POS. A entidade provincial continúa poñendo en valor o programa do Plan Único e para iso onte fixo parada en Corcubión, onde destacou o investimento de máis de 3 millóns de euros para 2024 na Comarca de Fisterra.

A deputada de plans provinciais, Cristina García, visitou esta mañá o municipio co deputado Xosé L. Penas, onde presentou os datos do Plan Único e coñeceu algunhas das obras financiadas cos fondos da Deputación.

Os deputados lembraron que os Concellos de Corcubión, Muxía, Dumbría, Fisterra e Cee, disporán de 3 millóns para decidir que obras afrontar, 1.681.197,34 € aprobadas na fase inicial e 1,6 na adicional, cuxas partidas foron aprobadas o pasado venres no pleno da Deputación.

Politicos de Corcubion

Concretamente, en Corcubión, a achega é de 251.260,59 € sumando os 126.985,56 € da fase inicial e os 124.275,03 € da adicional. Grazas a estes cartos, o concello de Corcubión poderá financiar actuacións de rehabilitación do casco histórico, entre outras, que se suman a algunhas xa executadas como a reurbanización da avenida da Viña, que os deputados coñeceron durante a súa visita.

Comentarios