Un Nadal máxico en Cee
01:14 14/12/18
Este domingo 16 arrinca o programa de Nadal do Concello de Cee co Concerto de Nadal da man da Coral Costa da Morte. A cita será ás 20:00h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura. Na mesma liña e no mesmo lugar, o alumnado da Escola de Música celebra o Festival de Nadal este vindeiro martes 18 a partir das 19:00h.
As citas continúan cun especial encontro coa deportista Susana Gómez Castiñeira no marco do programa EDUC-ANDO. A cita, na Casa da Cultura ás 11:00h cos escolares e ás 19:00h aberto ao público.
O venres 21 a Biblioteca Francisco Mayán acolle de 17:00h a 19:00h un Obradoiro de xogos de mesa para nenos e familias desde os tres anos..
Colabora tamén o Concello no V Recital Poético Solidario Internacional
que terá lugar o propio venres 21 ás 20:30h na Casa da Cultura.