Luns. 20.05.2024
El tiempo

Adxudicadas as obras da rotonda de Bermún

Rotonda Bermun 1 Cee mapa
Adxudicadas as obras da rotonda de Bermún

Novo paso adiante para a construción da rotonda no cruzamento da Pereiriña. A Deputación vén de adxudicar por 619.842 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-2303 coa CP-2301, en Bermún, Cee, xusto ao carón da escola.

Será unha rotonda de 28 metros de diámetro exterior e 12 metros de diámetro interior para facilitar as diferentes manobras e provocar unha importante diminución da velocidade á que pasan os vehículos actualmente por esta zona poboada.

Os traballos incluirán a mellora dos itinerarios peonís, acondicionando as beirarrúas existentes e ampliándoas ata os dous metros. Ademais, renovarase o pavimento da senda de aglomerado existente e prolongarase esta cara o sur, ata o cruce coa estrada AC-552, e cara o norte, neste caso por ambas marxes da vía, construíndo dúas sendas de 2 metros de ancho ata a finalización do núcleo de Bermún, dotándose na marxe esquerda dunha banda de aparcamentos en liña.

As obras teñen un prazo de execución de 6 meses.

Comentarios