Luns. 20.05.2024
El tiempo

Taller Mar (Movimento Artístico Rural)

O noso Nando Lestón ten programado para este verán unha serie de obradoiros, que presenta deste xeito:
Nando Leston no Mural do porto de Lira copia
Nando Leston no Mural do porto de Lira copia
Taller Mar (Movimento Artístico Rural)

O entorno e territorio que nos rodea, aquel no que nos asentamos e vivimos é, a todas luces, unha mágnífica obra de Arte.

Labradas a canto as rochas polas mareas e redondeados polos ventos, os seus montes, ás xentes quedoulles abrir pastos e camiños, pontes, muíños, portos e peiraos... definindo unha paisaxe xa eterna na memoria de todos.

Nesta Costa non se pode ser outra cousa máis que artista. Artista do carro ou da xeiteira; artista dos monllos de trigo, centeo, millo, liño... Artista da pedra.

Artistas da caldeirada, do polvo, do afumado dos chourizos en ristras como os carapitos das cebolas. Perfección, inxenio e creatividade. Sostibilidade da real non de plataforma. Aprobeitamento artístico da materia e da forma.

Eso é a Arte, a transformación da materia en forma a traves da creación.

MAR (Movimento Artístico Rural) é un invento meu, un invento que promove o pensamento artístico, a mirada que destapa, como dicía Heiddeger, as verdades ocultas, que son as verdades que se sinten.

A práctica dunha determinada disciplina, oficio ou traballo, condiciona relativamente o pensar; como a man, como ferramenta, se especializa e se transforma segundo as necesidades. A man é a ferramenta máis precisa pois pode enfiar unha agulla como pode clavar unha punta. A man é cega, ela non sabe se acaricia ou golpea, pero sinte. A man non pode mentir a lingua sí.

Diferentes formatos utilizados no Taller Mar de Nando Leston
Diferentes formatos utilizados no Taller Mar de Nando Leston

 

A cualidade máis evidente pola identificamos a Arte é pola sua capacidade creativa e despois, transformadora.

A creación é unha cualidade humana que nos cuestiona e interpela diante dunha única maneira de ver e de facer o mundo. A creación abre novas posibilidades.

A creación é aquelo que ven á vida. A vida, a través da terra, primeiro acolle e despois recolle. Polo tanto, dá e coida. Pero a creación non é só un acto instintivo e distintivo, senón que é un proceso que se dá, polo xeral, oculto á vista, nas profundidades da terra ou da mente. Pero sobre todo e no caso da Arte, é un proceso finalmente razoado. Este razoamento é crucial.

E razoamos, dende MAR, que a Vida precisa de todo talento, aínda que o Sistema o triture as mulleres seguirán parindo seres “inútiles”, (para o Sistema), como pintores, músicos ou filósofas. Talento creativo.

  1. A Arte é a Casa. Poesía, música, pintura, escultura, as belas Artes son as linguaxes das que precisa para facerse visible a os nosos sentidos. Son formas de expresión.
  2. A Verdade é a esencia do real. A esencia é a Expresión do Ser. A Esencia do Ser é dificil de ver por que ocultamos a sua expresión; non deixamos que o Ser se exprese na sua Esencia.
  3. Desocultar a Verdade é o pricipal probeito da Arte. A Arte representa pois, a Vida, a canle pola que transitar para desenrolarnos no que somos e desexamos ser. Non é nin debe ser un refuxio, pois refuxio é o contrario de desocultamento.

 

A Arte, ao contrario do que se poda pensar,precisa de disciplina e forma física. Non tolera que te poñas enfermo, pois precisa do artista que facerá de canle ou vehículo para que ésta se poda lograr por sí mesma. A Arte pola Arte.

Neste punto é importante decir que a Arte non cura, trascende. Unha persoa con dificultades emocionais, tanto no sentir coma no ser, irá chegando por sí mesma a ese desocultamento emocional que precisa para así, como un muro derrubado que se sostén nun fráxil equilibrio,pedra a pedra encaixada sen cemento,se reconstrúa de dentro a fóra. Unha pedriña pequena fai que unha pedra grande se sosteña e encaixe pero para élo hai que atopar a sua mellor “cara”.

O propósito deste Taller de Arte, por enriba de todo é ofrecer un espacio lúdico e relaxante, dedicado a fomentar a introspección e os procesos artísticos e intelectuais, propios do intelecto e que,polo xeral, o Sistema Formativo-Educativo, por obvias razóns non afonda nelo... a Vida sí.

Estudio Taller MAR Nando Leston-Carnota
Imaxe do estudio de traballo

OBXETIVOS DO TALLER.

  1. O primeiro dos obxetivos e dar a coñecer e difundir a práctica artística no Territorio da Costa da Morte. Aprender cas e das ferramentas artísticas.
  2. O segundo é fomentar a práctica do pensamento artístico que pon en valor a creación dun pensamento crítico e estético, constructivo e creativo. Meditación activa, observación plena. Ensanchar a realidade.
  3. Fomentar a Arte Aplicada para que as ferramentas artísticas teñan a sua implementación no día a día das persoas.
  4. Crear unha rede de apoio ao coñecemento, Humanista e Rural.

 

  • Experimentar unha versión máis poderosa das persoas, enfatizando as cualidades máis positivas,tanto emocionais como intelectuais.
  • Conseguir que as persoas teñan un espacio mental lúdico e relaxante para que a persoa consiga estar con éla mesma nun espacio que deberá facer seu.Alcanzará deste xeito equilibrios emocionais que podan estar en cuestión ou vulnerados.
  • Facer sentir ben e que teña un lugar propio para Ser él ou éla.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO

  1. A tódalas persoas que mostren curiosidade. O aburrimento debe dar paso á curiosidade. A tódalas persoas que quiran aprender a través da práctica artística.
  2. A tódalas persoas que estean a pasar procesos emocionais complexos. Soidade, duelo, marxinación, transtornos emocionais derivados de todo tipo de violencia, bulling, enganche a pantallas e redes sociais
    (aquí é importante diferenciar entre procesos emocionais complexos e Saúde mental que deberá ter unha diagnose e seguimento por parte dun profesional da Saúde).
  3. A tódalas persoas con inquedanzas artísticas.

 

Este Taller non se imparte como Arte-TERAPIA.

É vivir a Arte como Medio para aceptar cambios e recompor unha arquitectura emocional que esté en cuestión ou simplemente ter tempo para Ser e Estar. Facer Sentir ben é a principal finalidade.

MÉTODO E TÉCNICAS.

Unha vez no taller reinara de fondo un ambiente relaxado e musical. As persoas poderán aportar a sua propia música pero tamén se deixarán levar.

Fomentaremos a observación precisa. Non caeremos na trampa do inmedito.

A través das diferentes técnicas iremonos achegando a unha forma de expresión natural e persoal que fomentaremos.

Traballaremos sobre as percepcións diarias e cotidianas,así como o pensameno tóxico.

Os medios artísticos sobre os que traballaremos serán: óleo, acuarela, intervencións murais no exterior, intervencións no territorio, lápices, ceras, refugallos para a sua transformación e reutilización, area, crevas, poemas, fotografía, escritura... en fin... puro Renacimento Costeiro.

Ampliar os horizontes mentais con paseos pola plaia e entorno natural,a práctica da pintura ao natural (no exterior con cabalete) proporciona un mellor coñecemento do Medio para así poder intuílo, sentilo e respectalo.

En resumen, MAR trata de ser “útil”, a súa utilidade é a verdadeira razón da sua posta en marcha e que funcione como un utensilio fiable por que... se non é fiable tampouco será útil.

Ao mesmo tempo contemplará os aspetos emocionais e intelectuais das persoas e tratará de aliviar e identificar as “mermas” que dan como resultado “cargas” pouco positivas e mesmo dexenerativas da personalidade.

O disfrute dunha actividade intelectual que seguramente foi a primeira que experimentou o Ser Humano xunto ca música e que deixou un rastro único polo que identificamos o noso xeito de estar no mundo ao longo da Historia.

  • Nando Lestón. Pintor e escultor da Costa da Morte.
  • Taller MAR contacto: Tfno. 627 219 960
  • Correo: [email protected]

 

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios