Luns. 20.05.2024
El tiempo

“Galicia Remota”: atraer aos que teletraballan ao paraíso de Carnota


Moma Alcalde de Canota e Xose Regueira Deputacion Coruna
O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o alcalde de Carnorta, Juan Manuel Saborido, asinaron o convenio
“Galicia Remota”: atraer aos que teletraballan ao paraíso de Carnota

”Frear o despoboamento do rural e convertelo nun lugar de emprendemento” é un dos obxectivos fundamentais do prxecto “Galicia Remota” que lanza o Concello de Carnota. Un Concello que xa conta con varias experiencias concretas de xentes emprendedoras que, traballando dende casa, preferiron cambiar o asfalto polo paraíso.

E precisamente esa é a liña de traballo: convencer xentes do mundo que teletraballan, que veñan a Carnota.

A idea é traer, en época baixa (a desestacionalización é un dos obxectivos) un grupo de 12 nómades dixitais internacionais, que residirán durante tres semanas, no municipio. Durante a súa estadía, as persoas participantes nesta primeira experiencia, realizarán distintas actividades como: obradoiros con artesáns, roteiros de aprendizaxe, visitas culturais, coloquios específicos sobre emprendemento, etc.

As razóns

Regueira destacou que “a presenza de nómades dixitais, perosas que poden teletraballar e aproveitan para ir viaxando polo mundo, pode contribuír á promoción indirecta do destino turístico a través do que estas persoas publiquen nas súas redes sociais, o que pode aumentar a visibilidade do lugar e atraer outros tipos de turistas que tamén queiran coñecer a localidade”.
O vicepresidente tamén sinalou que “o gasto turístico diario dos nómades dixitais, en aloxamento, alimentación, compras e actividades e superior a respecto do gasto medio que fai un turista tradicional, polo que o comercio e hostalaría da localidade verán incrementados os seus ingreso nunha época das que se consideran temporadas baixas”.

<`>O ente provincial contribúe ao financiamento da actividade cunha achega de 24.000 euros, o 80 % do orzamento total, que ascende a 30.000 euros.

 

Novas relacionadas

Comentarios