Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Novo paso urbanístico para o Centro Integral de Saúde de Carballo

Mapa Centro Saude Integral Carballo
Novo paso urbanístico para o Centro Integral de Saúde de Carballo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo vén de aprobar na sesión deste luns dous novos convenios urbanísticos na zona do centro de saúde que permitirán completar a parcela destinada á ampliación do edificio de xeito que se poida acometer a reordenación definitiva de todo ese ámbito, e poder construír o Centro Integral de Saúde (CIS)

Agora, con esta cesión, xa coordinada cos propietarios das fincas anexas ao actual centro, a Consellería poderá avanzar. A parcela que acollerá o CIS linda polo leste con outras dúas propiedades, de 251 metros e 855 metros cadrados, situadas en terreos clasificados como solo urbano non consolidado coa cualificación de sistema local de equipamento para servizos viarios, e estes dous novos acordos aprobados hoxe fan referencia á cesión anticipada destas dúas parcelas, que se incorporarán ao ámbito para poder realizar unha reordenación completa e axeitada á nova infraestrutura sanitaria.

O Concello de Carballo xa aprobou na Xunta de Goberno Local do 25 de marzo o proxecto de urbanización do ámbito. As obras teñen un orzamento de 173.623,17 euros e un prazo de execución de sete meses.

Comentarios