Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Carballo Interplay cumpre 10 años poñendo en valor o talento galego na rede

Festival Carballo Interplay 2023 copia
O Carballo Interplay cumpre 10 años poñendo en valor o talento galego na rede

Chega, os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril, a 10ª edición do Carballo Interplay. Faino ademais poñendo o foco no talento da mocidade galega, reivindicando a creación de contidos dixitais dende Galicia e en galego en toda a rede, xa sexa en redes sociais coma Twitter, Youtube, Twitch ou Tiktok, no eido audiovisual ou en formato podcast.

Así, os dous primeiros días de festival desenvolveranse na nosa lingua con eventos como a gravación en directo do podcast “Petiscos no Derby” (edición especial do podcast Café Derby 21, creado por Carme D. Prol, Adrián Lede e Nico Carreira), a estrea do talk show “Dando a turra” (con Belén Puime, creativa na produtora “Unicorn Content”, e Uxía Vázquez, creadora do podcast “Falar sen saber”), o repaso á historia da internet galega con María Yañez en “O outro lado da pantalla”, o pitching de iniciativas que optarán ao premio de “Mellor proxecto de serie web” e a estrea en exclusiva do proxecto gañador na anterior edición.

Carballo INterplay 2023 cousas

Antes, para arrincar, farase entrega de premios de “Dinoescolas”, un certame que se estrea esta edición incitando á creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega para a súa difusión por internet mediante a creación de capítulos da serie “Dinosaurio”.
O xoves ademais varios centros educativos galegos serán o público da sesión matinal, que rematará viaxando pola historia da internet e gravando no Derby.

O Pitching do xoves (é dicir, a proxección das webseries presentadas ao concurso, o principal activo do Festival) será tamén coas achegas presentadas na nosa lingua. Pouco despois, ás 20h00, terá lugar a estrea en exclusiva do proxecto que foi seleccionado o ano pasado, “Mentres non chova”, unha obra creada por Carla Mojón, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova.

Outro activo da nosa lingua será o medio dixital creado en 2021 ACousa, formada por Isabel Gutierrez, Xulia Lomba, Yaiza López e Aida Vilariño.

Pouco a pouco iremos sabendo máis da programación: Zona PRO dedicada á industria audiovisual, charlas, shows, talleres e espectáculos.

Repaso histórico DO CARBALLO INTERPLAY

Comentarios