InicioMOV. SOCIAISDe prisión, a activistas contra o lixo plástico

De prisión, a activistas contra o lixo plástico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Sentirse útil, coñecer novas realidades e ambientes, disfrutar da natureza, aire fresco… Son moitas as bondades da saída que realizaron internos do Centro de Inserción Social da Coruña a semana pasada en Camelle. Internos que están na recta final das súas condenas, en réxime de semiliberdade, que aproveitan o cambio de tendencia do sistema penitenciario estatal das últimas décadas, que pasa da idea do castigo á reinserción.

A semana pasada, unha ducia de internos visitaron a Praia de Camelle, en Camariñas, para acodir a unha das xornadas de Limpeza de plásticos da comprometida Asociación Mar de Fábula. Xosé Manuel Barros e Virginia Barros, que xa visitaran o centro coruñés unha semana antes para explicar a xornada, recibían ao grupo, debullaban o modus operandi da limpeza e comezaban a recoller o llixo do areal.

Un par de horas de limpeza e outra hora de triaxe, recolleron 309 cabichas, 38 anacos de madeira, 80 tapóns, 2 kg de restos textís, 3kg de cordas e aparellos de pesca, centos de microplásticos… moito lixo que nunca volverá ao mar.
Tras a limpeza da praia de Camelle e a triaxe do lixo, repuxeron forzas na hostalería local para despois visitar o centro da entidade, o Museo de Man e o Centro de Interpretación do faro Vilán. Unha experiencia completa.

Limpeza do CIS con Mar de Fabula
Visita ao Cabo Vilán

”Todas as limpezas que temos realizado nestes case 10 anos de activismo (con centros de ensino, puramente con voluntarios, ou con entidades), son un pequeno milagre. Pero pensamos que esta do CIS está no TOP 10 das nosas limpezas preferidas. A implicación, ilusión e ganas de aprender deste grupo de persoas fainos reafirmarnos na importancia que ten esta asociación, non só a nivel ambiental, senón espiritual”, sinalan dende Mar de Fábula.

“Os usuarios estaban encantadísimos, este tipo de actividades son as que máis valoran. Unha das mellores maneiras de traballar as habilidades sociais e competenciais, é ocupando o tempo de ocio con experiencias diferentes” ás dos seus círculos habituais” sinalan dende o CIS.

Máis novas

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Persoas internas do CIS coñecen o ocio saudable da man da Fundación Érguete e o alumnado da UDC

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

ÚLTIMAS

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a...

Atopan con vida ao home de 81 anos desparecido dunha residencia de Cambre

A Garda Civil atopou na mañán deste luns a un ancián desaparecido de forma voluntaria...

Crúa derrota do CRAT na final da Liga Iberdrola de Rugby

Disputaba o CRAT toda unha final estatal. O equipo de rugby femininio da cidade...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here