Xoves. 28.03.2024
El tiempo

”A #SemanaGandeira de Mazaricos é a gran referencia da provincia e unha das dúas máis importantes de Galicia”

”A #SemanaGandeira de Mazaricos é a gran referencia da provincia e unha das dúas máis importantes de Galicia”
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/1883086171741342/?t=1" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Así de rotundo se amosa hoxe Óscar Blanco, presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, durante o almorzo informativo celebrado na Granxa Pazos, que serviu para presentar unha nova edición da Semana Gandeira de Mazaricos. A gran festa, non só do sector gandeiro, senón de todo o pobo de Mazaricos que vive estas datas (este 2018 serán do 28 de novembro ao 2 de decembro) como a semana máis importante do ano. E non é de estranar nun concello que depende nun 90% deste sector. Presentacion da Semana Gandeira de Mazaricos 2018 na Granxa Pazos Presentacion da Semana Gandeira de Mazaricos 2018 na Granxa Pazos ”En Galicia só está a cita de Lugo ao noso nivel, porque a verdade é que dende hai 3-4, dende que houbo o cambio e se moveu o aspecto social, pegamos un gran estirón”. Blanco fai referencia a esas actividades sociais que artella a xente de Eu son Mazaricos e que consegue arrastrar a centos de persoas ata estas xornadas. Dende esa, as xornadas Gandeiras deixou de ser unha cita exclusiva do sector, para convertirse nunha cita para toda a sociedade. Nesa mesma liña falou Manuel Antelo, presidente de Africor, que enviou o seu maior apoio, igual que fixo o alcalde Juan Blanco, ao seu presidente Jose Moreira, habitual nestas citas pero que pasa por un mal momento. Antelo destacou que “a subasta é unha refencia para todo Mazaricos, para toda as terras do Xallas e para toda a provincia pola calidade dos seus animais”. Puxo en valor tamén as xornadas técnicas, que son toda unha referencia en Galicia e que meten no Salón de Actos cada ano máis de 300 persoas chegadas de toda Galicia. Este ano, haberá varias charlas: unha da man de Abanca que repasará as axudas e produtos financieiros aos que poden acceder os gandeiros; outra sobre o novo modo de procesar o silo de millo, que permite aproveitar moito mellor a fibra; outra sobre a renovación degranxas que están quedando obsoletas; e outra, e se cadra a máis novedosa, sobre o potente “carro unifeed”, un carro mesturador que utilizan as “cumas” ou cooperativas e que ás veces cómpre levar un mellor coidado común. Por todas estas cousas, Antelo destacou a implicación do sector nesta semana Gandeira.

Esas accións que diferencian a MZ

Un Obradoiro de Graffiti, un obradoiro de creación de produtos lácteos como queixos ou cualladas, o concurso de fotografía, un concurso “literario por whastapp” ou o concurso de muxido coa #Mazarica, son as cousas que da man brava Asociación Eu son Mazaricos estanlle dando máis e máis relevancia a esta Semana mazaricá. Ao longo da semana haberá unha marea de actividades cos pequenos das escolas, sendo, coma sempre o prato forte a fin de semana do 1 e 2 de decembro. Durante a tarde do sábado haberá no recinto feiral todas estas actividades, e ademais, a xente de EusonMazaricos quixo que a Mazarica estea acompañada e lle trouxo un toro mecánico para o seu deleite e o de todos os nenos.

A poxa

E como non podía ser doutro xeito, a gran cita do sector será o domingo 2 de decembro coa gran poxa de frisona, para a que xa hai máis de 40 animais, de primeira calidade, seleccionados. Semana Gandeira MAZARICOS 2018

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-semana-gandeira-de-mazaricos-bate-marcas-de-calidade-e-cantidade/ https://quepasanacosta.gal/o-microrrelatos-dos-mais-pequenos-as-fotos-e-o-curso-de-cocin%CC%83a-quentan-motores-no-comezo-da-semanagandeira/ https://quepasanacosta.gal/a-semana-gandeira-uniu-a-todo-mazaricos/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/50-anos-da-pioneira-cooperativa-gandeira-grille-de-mazaricos/

Comentarios