Mércores. 15.05.2024
El tiempo

A organización do Asalto ao Castelo chama ás irmandades parroquiais

A organización do Asalto ao Castelo chama ás irmandades parroquiais
irmandades-parroquiais-asalto-castelo O encontro das Irmandades Parroquiais terá lugar nas horas previas aos concertos do Asalto ao Castelo Un ano máis, a organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fai un chamamento á veciñanza da Terra de Soneira para que participe na festa no desfile das Irmandades Parroquiais. Este terá lugar o sábado 7 de xullo á tarde, e para a súa realización son poucas as esixencias: compromiso, ir vestidos de irmandiños e ter ganas de pasalo ben. Esta será a quinta edición dun desfile que comezou sendo unha reunión de parroquias do concello e que agora é unha celebración para toda a comarca histórica. O ano pasado reunimos a centos de persoas na vila de catorce parroquias dos concellos de Vimianzo, Camariñas, Laxe, Zas e Cabana. Para esta próxima edición a organización procura mellorar a experiencia, realizando un desfile dinámico, divertido e participativo. Para participar, o primeiro é ter un grupo de persoas, sexa por medio dunha asociación ou por libre (mínimo cinco individuos), e representar a algunha parroquia dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe ou Cabana. Unha vez confirmado o grupo hai que poñerse en contacto coa asociación do Asalto ao Castelo, ben a través das redes sociais, correo electrónico [email protected] ou do teléfono 669735349. Para a organización desta actividade convócase unha reunión informativa este xoves 24 de maio ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios