Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A oficina de Turismo de Malpica recibe unha media de 30 visitantes ao día

A oficina de Turismo de Malpica recibe unha media de 30 visitantes ao día
oficina-turismo-malpica O local da antiga ludoteca, situado na casa do concello, acolle a Oficina de Turismo de Malpica A oficina de Turismo de Malpica recibiu unha media de 30 visitantes ao día na súa primeira semana de apertura ao público no seu novo emprazamento, ubicado no local da antiga ludoteca, na planta baixa da casa consistorial. O turismo nacional é o predominante, xa que representa o 95% dos usuarios da oficina. A maioría veñen en parella ou en familia, e proceden en boa parte dos casos de Madrid, Cataluña, País Vasco e centro da península. Nunha porcentaxe moi elevada visitanMalpica por primeira vez, e o período de estancia oscila entre unha e dúas semanas. Os desprazamentos ata o concello realízanse preferentemente en coche, pero cada vez abundan máis as furgonetas e as caravanas. Polo que se refire á información máis demanda, as persoas que visitan Malpica queren saber que ver, onde comer e que rutas de sendeirismo poden realizar, tanto no municipio como no resto da Costa da Morte. Neste sentido, os mapas turísticos que vimos de editar este verán están voando. Coincidindo coa apertura da nova oficina turística tamén se está levando a cabo unha campaña de distribución de material promocional entre os aloxamentos e os establecementos de hostalaría do concello. Fonte

Comentarios