Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A loita veciñal contra os eólicos de Bergantiños e Xallas colle forza

A loita veciñal contra os eólicos de Bergantiños e Xallas colle forza
Xuntanza contra eolicos o 4 de setembro en coristanco Xuntanza contra eólicos o 4 de setembro en Coristanco

Na reunión informativa da Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural, celebrada este martes 4 de setembro no edificio de Servizos Múltiples de Coristanco. Unha cita na que se vai comprobando que a veciñanza necesita información, e que a Plataforma está collendo músculo.

A veciñanza afectada pola instalación de 27 xeradores eólicos 180 metros de altura no rural dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba, puido comprobar o seu impacto, para a saúde e o medio ambiente, ademais do impacto visual, a través dunha exposición en pantalla xigante. Para iso, expuxéronse imaxes a escala do territorio afectado cos “muíños” marcados na correspondente situación prevista, seguindo as coordenadas descritas pola empresa promotora dos proxectos eólicos.

Sinaturas

Por outra banda, a Plataforma está a tomar contacto con representantes das distintas agrupacións municipais dos concellos afectados, os cales manifestaron a preocupación pola situación e as consecuencias ás que se enfronta a veciñanza da comarca. Así mesmo, iniciouse o proceso de recollida de sinaturas que servirán para que, tanto as autoridades competentes como á empresa promotora dos eólicos, teñan constancia do rexeitamento por parte da cidadanía a este proxecto.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-contra-os-eolicos-de-coristanco-presenta-alegacions-xunto-cos-vecinos/ https://quepasanacosta.gal/o-parque-eolico-de-mourinos-pon-en-risco-o-turismo-sostible/ https://quepasanacosta.gal/un-centenar-de-persoas-acoden-a-creacion-da-plataforma-contra-a-implantacion-dos-parques-eolicos-campelo-bustelo-monte-toural/

Comentarios