Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco de Lema celebra outro Mes da Fundación

A Fundación Fernando Blanco de Lema celebra outro Mes da Fundación
Mes da Fundacion Fernando Blanco de Cee 2018

A Fundación Fernando Blanco de Cee pon en marcha a 6ª Edición do Programa Educativo-Cultural “O MES DA FUNDACIÖN. OUTUBRO 2018”. Un mes, o de outubro, cheo de actividades para lembrar o nacemento en outubro de 1796 do mecenas ceés, e nacemento, 90 anos máis tarde, do antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema (actual I.E.S. Fernando Blanco de Cee), pedra angular na que se asentou o desenvolvemento educativo e cultural de Cee e da contorna.

As actividades formúlanse en dúas vertentes, a escolar e a do público en xeral. Este ano serán as Matrioskas, unha proposta musiqueira moi singular, as que abran, o 6 de outubro, o programa para o público en xeral. Haberá música, teatro, monólogos… ata o 27 de outubro, cando Quico Cadaval peche o mes.

O día grande será, coma sempre, o día da Ofrenda Floral, o sáabdo 20 de outubro.

Os escolares recibirán dende o martes 9 unha serie de visitas moi enriquecedoras.

Comentarios