Martes. 07.05.2024
El tiempo

A Autovía estará en funcionamento en verán de 2016, con 3 anos de retraso

A Autovía estará en funcionamento en verán de 2016, con 3 anos de retraso
Completa visita ás obras da Autovía da Costa da Morte Foto: Moncho Fuentes Completa visita ás obras da Autovía da Costa da Morte
Foto: Moncho Fuentes / AGN Segue o Goberno do PP utilizando as súas obras gubernamentais para a campaña electoral. E colma o ceo que o faga coa Autovía Costa da Morte, da que só vai realizar a metade do prometido, e con 3 anos de retraso. Así e todo, nestes dous últimos meses levamos 4 notas de prensa anunciando que as obras van por un 64%, sempre esquecendo o treito entre Baio e Cee, esquecido pode que ata sempre. Veu de visita a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para recordar que a autovía, libre de peaxe, estará en funcionamento o vindeiro verán 2016, como dicimos con 3 anos de retraso. E iso que cando falan da obra sempre utilizan as verbas "compromiso" e "necesidade". [fbvideo link="https://www.facebook.com/xuntadegalicia/videos/1038196482868347/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Vázquez destacou que o ritmo de construción é elevado debido, por suposto, ás boas condicións meteorolóxicas, pero tamén aos 266 operarios e ás 127 máquinas que están a traballar diariamente na zona. Recordou que xa realizou todos os pagamentos das expropiacións e asegura que contou cos veciños para "consensuar aspectos tan relevantes como a distribución dos enlaces da autovía". Dende logo nós non temos constancia desas reunións cos veciños pero indicou que vai ter algunha máis, por exemplo, cos veciños da zona da Furoca para paliar as dificultades de acceso.

Novas da Autovía

Artigos relacionaddos

Fonte

Comentarios