Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Amarela sub12 disputou no Cunchido un novo Campionato

A Amarela sub12 disputou no Cunchido un novo Campionato
Partido da Selección sub15 da Costa con Coruña Volveu saír a Amarela ao céspede. E fíxoo no Cunchido, na Serra de Outes, para participar na primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub12. Se ben os resultados non foron os esperados e non conseguiron sumar ningun punto para poder ter opcións de meterse na fase final, o ambiente do combinado costeiro segue a ser tremendamente enriquecedor e ilusionante. Foi a Selección costeira a que abría o campionato coa Coruñesa, e os nervios de inicio permitiron aos herculinos colocarse con 0-2. A Amarela reaccionaba e puxo contra as cordas a un dos mellores equipos do torneo, e xusto despois de ter unha gran ocasión para recurtar e meterse no choque, unha contra sentenciaba o choque deixando o 0-3 antes do descanso. A comida de confraternización foi unha demostración de que estas convocatorias valen moito máis que o meramente deportivo. Pola tarde, os de Barca e Skío enfrontábanse a Ourense, unha seleccion peor tecnicamente que a herculina. Así e todo os costeiros nunca se sentiron cómodos e deixaron que os ourensáns endosasen unha dura goleada (1-7) facendo inútil pero si esperanzador o gol sa honra do esteirán Simon.

Partido da Selección Xuvenil

Este martes ás s 12.00, presentarase no Concello de Muros, o partido solidario para recaudar comida para Cáritas, que disputarán a Selección Gallega sub16 e a Selección Juvenil de A Costa. No acto a RFGF darán a coñecer a lista de convocados que conformarán o seleccionador fisterrán Skio, e o seu segundo, Mario (Xallas). O fisterrán Skío é un dos seleccionadores da Costa O fisterrán Skío é un dos seleccionadores da Costa

Comentarios