Martes. 14.05.2024
El tiempo

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis empeza un novo curso de inclusión

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis empeza un novo curso de inclusión

Comeza outro ano dando Un Paso Máis cara o deporte e a saúde, para tod@s!! A entidade costeira, que este verán “ocupou” as instalacións do Casino 1889 dando conta da importancia deste lugar, estrea oficina o Espazo Xove de Carballo, no andar 4º, con horario de recepción os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas.

E volve abrir as actividades deportivas, culturais e de ocio con fins lúdicos que ofrece en horario extraescolar e con moitas novidades para o curso 2018- 2019:

• Baloncesto: potenciamos o traballo en equipo, a psicomotricidade e a coordinación xogando ao baloncesto, segundo un programa elaborado a partires das capacidades do grupo, coa colaboración da Escola Basket Xiria e como monitor contamos con Héctor Lema, no pabellón Vila de Noia os luns de 15.45 a 17.00horas. • Fútbol: coa Escola de fútbol inclusiva Un Paso Máis aprendemos a esencia do deporte por encima da competitividade, neste curso contamos con Miguel Villaverde Varela monitor titulado en INEF especializado en nen@s, no pabellón Vila de Noia os mércores de 16.00 a 17.00 horas e no pabellón do San Luis Romero martes e xoves de 16.30 a 19.00 horas. • Pádel: coa colaboración de Mi Club de Pádel os mércores de 16.00 a 17.00 horas. • Equitación: terapia con cabalos dun xeito lúdico no centro ecuestre o Ventoso en A Laracha, os venres de 17.30 a 18.30 horas. • Natación: coa colaboración e experiencia do Club Sysca de Carballo.

Talleres

Ao longo do ano continúan cos talleres temáticos: Olería Familiar na Casa do Oleiro en Buño, Autonomía persoal, Pequechef, Artes Plásticas Para Todos e outros que sairán en breve.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-inclusion-defintiva-a-traves-do-futbol/

Comentarios