[Última hora, martes 5 ás 09:00]: Está extinguido desde as 23.17 horas de onte o incendio do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que finalmente afectou unha superficie de 245,38 hectáreas.
Desde as 23.32 do domingo permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas.
Está xa controlado desde as 20.09 de onte o lume forestal da parroquia da Graña, tamén en Ponteceso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de preto de 100 hectáreas