Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Zas presume de centenaria

Zas presume de centenaria
centenaria-zas María José Novo Varela celebrou o pasado mércores o seu 100 aniversario na compaña da súa familia. Imaxe: Rafa Quintáns Dúas dictaduras, unha república, unha guerra civil e as dúas monarquías da democracia é o pasado político vivido por María Josefa Novo Varela, nacida en Zas o 11 de maio de 1917. A nova centenaria de Zas - que vive no lugar de Ventoselo na parroquia de Mira - é unha muller galega por definición. Foi a segunda de sete irmáns e nai solteira nunha época na que tal condición era doada. Consolidou unha familia da que hoxe desfruta en compañía dos seus dous bisnetos, Óscar e Brais. Foi tratande de gando, xornaleira, cociñeira, agricultora e incluso se adicou á extracción de wolframio durante a II guerra mundial. maria-josefa-novo-varela María Josefa Novo Varela naceu en Zas un 11 de maio de 1917. Imaxe: Rafa Quintáns O pasado mércores, día 17 de maio, María Josefa festexou o seu aniversario en compañía da súa familia. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira Natalia Espasandín Pazos, visitaron a homenaxeada para agasallala cunha tarta. O concello de Zas conta actualmente con catro centenarios. Ao igual que o resto dos municipios da Costa da Morte, Zas segue a tendencia da pérdida poboacional e o envellecemento da poboación.

Novas relacionadas

Fonte      

Comentarios