Martes. 19.03.2024
El tiempo

Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo

Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo

Que importante é a difusión turística do noso patrimonio. E a imaxe desa difusión. Por iso, o Concello de Vimianzo vén de presentar unha nova edición dos folletos explicativos do Castelo de Vimianzo e dos Batáns do Mosquetín. Esta nova edición realizada polo xornalista soneirán Manuel Rial, aposta por unha grande presenza dos elementos visuais como fotografías e ilustracións.

Os novos folletos son bilingües castelán/francés e galego/inglés. Ademáis dende o do Castelo pódese descargar a Castelo de Vimianzo explicativa da fortaleza.

Estes novos folletos encádranse nunha nova edición de folletos de man e mapas que está a elaborar o Concello de Vimianzo. Nas próximas semanas presentaranse un folleto da Ruta dos dolmens, un mapa do concello que permita situar facilmente todos os elementos de interese e un rueiro da vila de Vimianzo.

Folleto turistico Castelo de VImianzo Folleto turistico Castelo de VImianzo 2 Folleto turistico Batans do Mosquetin 1 Folleto turistico Batans do Mosquetin 2

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios