Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un libro recolle as mellores imaxes da Faguía de Carnés

Un libro recolle as mellores imaxes da Faguía de Carnés
Na presentación do libro participaron o editor da publicación, o alcalde e o concelleiro de Medio Rural Na presentación do libro participaron o editor da publicación, o alcalde e o concelleiro de Medio Rural O concello de Vimianzo acaba de publicar un libro no que se recollen perto dun cento de imaxes da Faguía de Carnés. "As imaxes da Faguía de Carnés" presentouse o pasado domingo no centro cultural de Carnés nun acto no que participaron unha boa parte da veciñanza ademais do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, o concelleiro de Medio Rural e veciño da parroquia, Xosé Trillo e o autor da recompilación de imaxes e editor da publicación Manuel Rial. Nesta publicación recollénse perto dun cento de imaxes da tradicional festa que nos permitirán ver os cambios que sufriu ao longo da historia e contribuír á memoria colectiva da parroquia, ademáis de contribuír á posta en valor desta celebración. Esta parroquia vimiancesa ten o privilexio de acoller cada nove de xullo unha das poucas festas de Interese Turístico e que conta con máis de 300 anos de historia nos que pasou de ser unha comida da confraría ata congregar a centos de persoas de toda a Costa da Morte. Fonte Novas relacionadas

Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés

 

Comentarios