Martes. 16.04.2024
El tiempo

Recollen máis sinaturas para a apertura do Castelo de Ameixenda

Recollen máis sinaturas para a apertura do Castelo de Ameixenda
Pablo Alvarez Caamaño, da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, recollendo sinaturas en Cee Pablo Álvarez Caamaño, da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, recollendo sinaturas en Cee

Segue a sociedade costeira pedindo a apertura dun Ben de Interese Cultural como o Castelo do Príncipe. Non é máis que pedir que se cumpla a lei, pero parece que estamos nun país no que a lei non é igual para todos. O caso é que o Castelo de Ameixenda, que coñecemos polo miúdo gracias a Víctor Castiñeira, non se abre ao público a pesar de ter a obriga de facelo alomenos 4 días ao mes.

Nesa loita atópase a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e nomeadamente Pablo Álvarez Caamaño, que leva dende setembro do ano pasado cunha campaña para o Castelo abra as súas portas.

Precisamente este pasado domingo, Pablo sacou a mesa á Praza do Concello de Cee, para continuar coa súa labor de recollida de sinaturas. Foron moitas as persoas que se achegaron a firmar o documento, e agradeceron os folletos informativos con todo o referente á lei dos BIC.

O propio Pablo recoñece que tamén hai algunha xente (“máis ben pouca”) que alega aquelo de “é privado”, pero “sempre lles digo que o dono, cando o comprou, sabía que compraba un edifício que é patrimonio, con todas as consecuencias que conleva, e as vantaxes tamén, como non pagar IVI”.

A loita continúa.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios