Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Rafael Lema xa ten a Cruz de Prata da Real Liga Naval Española

Rafael Lema xa ten a Cruz de Prata da Real Liga Naval Española
Rafael Lema ca Cruz de Prata da Real Liga Naval Espanola Rafael Lema ca Cruz de Prata da Real Liga Naval Española

Xa a ten. O escritor, investigador e divulgador histórico-marítimo Rafael Lema, da Ponte do Porto, recibía esta fin de semana en Madrid a súa medalla de prata como Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española.

Lema, xunto a outros 14 activistas na defensa do mundo do mar de toda España foron condecorados. Entre eles, outro galego galardonado foi Víctor Otero Prol, do Grove. Ambos estiveron acompañados polo delegado en galicia da RLNE José Manuel Pato, de Laxe.

O delegado na Costa da Morte desta centenaria asociación de promoción marítima disfrutou da cea anual de gala de Hermandad Marítima con asistencia de representantes das cinco mariñas que forman parte da entidade e autoridades civís e militares. Como expresa no acta da reunión leida polo presidente da RLNE don Juan Díaz Cano, prémiase a Rafael Lema "en recoñecemento ao labor de apoio á nosa institución na Coruña", polo seu cinco anos como delegado provincial, colaborando nunha ducia de actos anuais da entidade, e polos seus traballos de investigación naval, como a súa última obra "Costa dá Morte, crónica marítima", editada polo GALP Costa da Morte e que segue o seu ciclo de presentacións por toda Galicia.

Máis presentacións

Precisamente a obra segue percorrendo a bisbarra e será presentada en Fisterra o sábado 24 de xuño ás 18,00 horas no aula da cofradía de pescadores, nun acto organizado pola asociación de veciños Finisterre.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios