Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rafael Lema, Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española

Rafael Lema, Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española
Rafael Lema sera condecorado pola RNLE Rafael Lema será condecorado pola RNLE

Leva tempo espallando o nome e o traballo da Real Liga Naval Española. E esta quixo recoñecer o seu traballo en prol da conservación do patrimonio marítimo condedéndolle a condecoración de “Caballero del Ancla de Plata de la RLNE”. O escritor e investigador da Ponte do Porto, Rafael Lema Mouzo recibiu semellante galardón desta desta centenaria asociación de promoción marítima fundada no seu día polo presidente da nación don Antonio Maura co obxectivo de recuperar o prestixio naval de España.

Como expresa no acta da reunión o presidente da RLNE don Juan Díaz Cano, prémiase a Rafael Lema "en recoñecemento ao labor de apoio á nosa institución na Coruña", polo seu cinco anos como delegado provincial, colaborando nunha ducia de actos anuais da entidade baixo a supervisión do delegado rexional José Manuel Pato, e polos seus traballos de investigación naval, como a súa última obra "Costa da Morte, crónica marítima", editada polo GALP Costa da Morte e que segue o seu ciclo de presentacións por toda Galicia.

A imposición da medalla celebrarase o próximo día 17 de xuño na cea anual de gala de Hermandad Marítima con asistencia de representantes das cinco mariñas que forman parte da entidade e autoridades a celebrar no hotel Meliá Castilla de Madrid.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios