Luns. 20.05.2024
El tiempo

Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro

Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro
xogo do volei dumbria

Comezou a 2º Fase da 1º División con tres vitorias importantes dos equipos do voleibol costeiro que permite encarrilar a súa clasificación para os Campionatos Galegos.

1ª División Xuvenil masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - As Mariñas Oleiros (3-1).
  • Parciais: 25-18 / 15-25 / 25-18 / 25-18.

Vitoria dos xuvenís ante Oleiros que sufriron as lesións do colocador Marcote no quecemento e de Redonda. A pesar diso puideron vencer con claridade agás no 2º set que perderon a concentración no xogo.

1ª División Cadete masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - H.Vet.Aceña Emevé Lugo (3-0).
  • Parciais: 25-14 / 25-14 / 25-19.

Vitoria clara dos cadetes que ganaron estando acertados no saque e con superioridade na rede.

1ª División Infantil masculino

  • Resultado: Manuela Rial Mouzo - Jealsa Boiro Voleibol (3-0).
  • Parciais: 25-18 / 27-25 / 25-14.

Vitoria do equipo infantil do Colexio Manuela Rial ante os boirenses que xogaron un partido moi serio, aínda que se viron na obriga de remontar e gañar o 2º set no que foron por abaixo.

2º División Cadete feminina

Comentarios