Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Indignación en Fisterra pola restauración da Igrexa de Santa María das Areas

Indignación en Fisterra pola restauración da Igrexa de Santa María das Areas
Interior da Igrexa Santa Maria das Areas de Fisterra antes e despois da restauracion Interior da Igrexa Santa Maria das Areas de Fisterra antes e despois da restauración

Polemica servida na ila do Cristo, recordando a vivida a comezos de ano coa rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca, en Muxía. A "restauración" e "rehabilitación" da Igrexa de Santa María das Areas de Fisterra, vai camiño, segundo moitos veciños, de ser outro "esperpento nacional". Un proxecto dirixido polo arquitecto César Portela, autor do aínda pendente Plan Director do Cabo Fisterra.

O feito de pintar de branco e azul os arcos de pedra do século XII está a provocar a indignación de fregueses e cidadáns. "Un atentado ao patrimonio" é o máis suave que se está dicindo estes días polos foros fisterráns, onde ademais non se entende que a igrexa levase varios meses pechada despois do remate das obras.

Dende o Concello aseguran que van intentar poñerse en contacto cos responsables para que lles informen do proxecto técnico tanto aos membros da corporación como aos veciños, pero aseguran que teñen que confiar, a priori, na voz dos técnicos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios