Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aurora cumpre 103

Aurora cumpre 103
Aurora Rey comple 103 anos en Santa Comba Aurora Rey cumprindo 103 anos con toda a familia en Santa Comba

Moitos anos cumpren por Santa Comba, facendo bos os estudios que demostran o envellecemento crónico da nosa comarca. Desta volta foi a veciña dos Fornos, na parroquia xalleira de Santa Sabina, Aurora García Rey, a que celebraba o seu 103 aniversario acompañada dos seus familiares.

Aurora naceu un 25 de outubro de 1913. Tivo catro fillos. Casou con vinte anos con Marcelino Calvo e cando quedou viúva, no 1969, emigrou a Venezuela, regresando a España a finais dos anos setenta. Esta veciña dos Fornos leva na actualidade unha vida tranquila e independente.Na visita da alcaldesa, Aurora García confesou que aínda que tivo varias intervencións cirúrxicas, na actualidade non tomaba medicamento ningún. Sobre o secreto da súa lonxevidade dixo que comía “sano” e acompañaba o xantar “cun vaso de viño”.

Aos seus 103 anos encóntrase ben de saúde e incluso este ano axudou coa recollida das patacas arrancando ramas. Aurora García Rey ten cinco netos, dous bisnetos e dous tataranetos.

Novas relacionadas

Estudios relacionados

Fonte

Comentarios