Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A Asociación Airiños do Río Grande tamén recibe apoio municipal para a promoción do baile galego

CONVENIO_AIRIÑOS-DO RIO-GRANDE_VIMIANZO
A Asociación Airiños do Río Grande tamén recibe apoio municipal para a promoción do baile galego

O Concello de Vimianzo vén de asinar un novo de convenio de colaboración para o fomento e promoción da danza tradicional, nesta ocasión coa Asociación Airiños do Río Grande. 
A finalidade é apoiar á entidade na organización de actividades formativas e lúdicas durante o ano 2024 que teñan como meta a promoción desta disciplina.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que “é importante apoiar ás asociacións que levan por bandeira a promoción da cultura galega, neste caso un elemento tan representativo e especial como a danza tradicional". 
Incidiu na importancia "de facer chegar as nosas raíces á veciñanza, para o que é importante apoiar a entidades que, como esta, contribúen á súa difusión a través de actos ao longo de todo o ano".

Comentarios